José Gabino González Martínez, nado en Ponteareas cara a 1896 e finado en Vigo o 30 de outubro de 1936, foi un serrador e político galego.

Traxectoria

Serrador establecido en Lira (Salvaterra de Miño). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo o 30 de outubro con Humberto Solleiro Rivera, Miguel Gómez Pardo e Francisco González Martínez.El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10. Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1936