D. João Nunes Barreto, nado no Porto en 1519 e finado o 22 de decembro de 1562, foi un bispo xesuíta portugués, patriarca de Etiopía.
Traxectoria Nunes Barreto completou os seus estudos en Salamanca e exerceu de párroco no arquidiocese de Braga, en Freiriz.Cardoso, p. 110 En 1545 ingresou na Compañía de Xesús en Coímbra. Entre 1548 e 1554, foi misioneiro en Tetuán, Marrocos, onde estivo profundamente implicado na oferta de consolo espiritual aos escravos, e volveu a Lisboa para recadar fondos para rescatalos Alí recibiu a noticia de que o fundador da Compañía de Xesús, Inácio de Loyola, cuxa política era non permitir que os xesuítas se convertesen en bispos, tiña aceptado a petición de Dom João III de Portugal de que Nunes Barreto fose nomeado Patriarca de Etiopía para que a Igrexa Católica podería desenvolverse aínda máis alí , despois do primeiro Patriarca de Etiopía, o cirurxián galego João Bermudes.
Nomeado en xaneiro de 1555 e consagrado o 4 de maio, no Convento da Santíssima Trindade de Lisboa, por D. Julião de Alva, bispo de Portalegre Nunes Barreto saíu de Portugal rumbo á India a finais de marzo de 1556, xunto con Andrés de Oviedo e con Belchior Carneiro Leitão, os bispos xesuítas consagrados con el, designados como os seus bispos coadjutores e máis tarde tamén eles designados Patriarcas de Etiopía. Ao chegar a Goa, Barreto viu cos confrades xesuítas recentemente regresados de Etiopía que a situación non era favorábel,.
Decidiu, con todo, enviar a Oviedo para mellorar o estado da misión ante as autoridades etíopes. Oviedo tivo certo éxito cun dos monarcas, pero non cos seus sucesores. Nunes Barreto, ao entender que era improbábel entrar en Etiopía, dedicou o seu talento a un ministerio activo en Goa. Suxeriu aos superiores xesuítas pedir permiso ao papa para renunciar á súa condición de patriarca e bispo. Unha resposta negativa dos superiores chegou a Goa despois da súa morte.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía John W. Witek, in Gerald H. Anderson, Biographical dictionary of Christian missions, Wm. B. Eerdmans Publishing, Grand Rapids 1999, p. 502. ISBN 0-8028-4680-7 .
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1519 Categoría:Nados no Porto Categoría:Finados en 1562