Plokhiye dorogi (en ;Original title: Plokhiye dorogi. imdb.com. 2020 en ) é un filme ucraíno de 2020 rodado en lingua rusaБез Кайдашів та героїв: фільм «Погані дороги» про війну на Донбасі. weekend.today. 2021 e dirixido por Nataliia Vorozhbyt. Estreouse o 3 de setembro de 2020 na 35ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia. En setembro de 2021, foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Catro historias están ambientadas ao longo das estradas do Donbass durante a guerra. Non hai espazos seguros e ninguén pode dar sentido ao que está a suceder. Aínda que están atrapados no caos, algúns conseguen exercer autoridade sobre outros. Pero neste mundo, onde o mañá pode nunca chegar, non todos están indefensos e miserables. Incluso as vítimas máis inocentes poden ter a súa quenda de facerse cargo.Bad Roads. reason8films.com. 2020

Personaxes Zoya Baranovska como muller novaПогані дороги. Kyiv Critics' Week. 2020 Maryna Klimova como xornalista Anna Zhuravska como rapaza nova Ihor Koltovskyy como director da escola Andriy Lelyukh como comandante

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Ucraína propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua ucraína Categoría:Filmes de Ucraína