é un filme xaponés de 2021 coescrito e dirixido por Ryusuke Hamaguchi. Baséase nunha historia curta escrita por Haruki Murakami, extraída da súa colección de 2014 Onna no inai otokotachi. O filme conta a historia de Yūsuke Kafuku (intepretado por Hidetoshi Nishijima) que dirixe unha produción da obra Dyádya Ványa e loita coa morte da súa muller Oto.
Considerado un dos mellores filmes de 2021, foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021, onde gañou tres premios, incluíndo mellor guión. Foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado nun total de catro categorías, incluíndo o Óscar ó mellor filme, o Óscar ó mellor director para Hamaguchi, o Óscar ó mellor filme internacional e o Óscar ó mellor guión adaptado para Hamaguchi e Takamasa Oe.
Sinopse O actor e director de teatro Yūsuke Kafuku está casado con Oto, unha guionista. Oto concibe as súas historias durante as súas relacións sexuais e nárraas a Yūsuke. Despois de ver o seu esposo nunha representación de Á espera de Godot, Oto presenta a Yūsuke o seu colaborador habitual, o actor novo Kōji Takatsuki. Un día que Yūsuke regresa á casa antes do previsto descobre a súa esposa tendo relacións sexuais con alguén, posiblemente o mozo. Marcha en silencio sen ser visto e non llo conta.
Outro día, ao saír Yūsuke cara ao traballo, Oto dille que esa noite quere falar con el, mais cando Yūsuke regresa atopa a Oto morta por unha hemorraxia cerebral. Despois do funeral, Yūsuke sofre unha crise nerviosa durante unha interpretación de Dyadya Vanya e non é quen de continuar. Dous anos despois, Yūsuke acepta unha residencia en Hiroshima onde dirixirá unha adaptación desa obra de Chekhov. Yūsuke escolle a Kōji Takatsuki como protagonista a pesar da súa curta idade, do seu comportamento errático e de que a súa carreira se vise afectada por unha conduta inapropiada. A compañía require que Yūsuke non conduza senón que o leven no seu propio automóbil, un Saab 900 vermello. Aínda que de primeiras se opón, acepta cando a súa nova e reservada chofer, Misaki Watari, desmostra ser unha hábil condutora.
Personaxes Hidetoshi Nishijima como Yūsuke Kafuku Tōko Miura como Misaki Watari Masaki Okada como Kōji Takatsuki Reika Kirishima como Oto Kafuku Park Yoo-rim como Lee Yoo-na Satoko Abe como Yuhara Jin Dae-yeon como Gong Yoon-soo Sonia Yuan como Janice Chang
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Ryusuke Hamaguchi Categoría:Filmes ambientados en Corea do Sur Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre automóbiles Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes sobre a viuvez Categoría:Óscar ó mellor filme internacional