dereita|miniatura|309x309px| Retrato de Manuel Gustavo Bordalo Pinheiro pintado polo seu tío Columbano Bordalo Pinheiro Manuel Gustavo Bordalo Pinheiro, nado en Lisboa o 20 de xuño de 1867 e finado o 8 de setembro de 1920, foi un ilustrador, ceramista, caricaturista e debuxante de banda deseñada, iniciada por seu pai en Portugal. Foi pioneiro da ilustración infantil en Portugal, coa creación do heroe que deu nome á revista O Gafanhoto.
Traxectoria Fillo de Rafael Bordalo Pinheiro e Elvira Ferreira de Almeida.
Comezou a súa actividade como ilustrador nunha publicación do seu pai, O António Maria . Ademais, tamén traballou nas revistas Pontos nos ii , A Paródia , que dirixiu tras a morte do seu pai. Tamén colaborou nas revistas Serões , Ilustração Portugueza , Atlântida , Miau! e The Grasshopper , entre moitas outras.
Foi presidente do Grupo de Humoristas Portugueses e profesor da Escola Industrial Rodrigues Sampaio e da Escola Industrial Fonseca Benevides .
Herdou a Fábrica de Faianças das Caldas da Rainha, após a morte paterna en 1905, e sucedeuno na dirección da fábrica. En 1908 fundou unha nova fábrica, inicialmente chamada "São Rafael" e máis tarde chamada Fábrica Bordalo Pinheiro. Unha característica da súa produción é a alianza entre o naturalismo da cerámica de Caldas da Rainha e as tendencias do movemento modernista Catálogo "Representações Marinhas na cerâmica Caldense do século XIX (exposição itinerante)". Caldas da Rainha: Ministério da Cultura; Instituto Português de Museus; Museu de Cerâmica, s.d.. ISBN 972-776-048-1 .
Foi retratado en 1884 nun óleo sobre madeira polo seu tío Columbano Bordalo.
Tamén realizou varios paneis de azulexo pintado, onde aproveitou a súa experiencia como deseñador, aplicada a edificios da capital e Caldas da Rainha, como o Museo Militar e o Palacete Mendonça, en Lisboa.
O 6 de decembro de 1920 outórgaselle postumamente o grao de Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.
En 1921 impartiuse unha conferencia en homenaxe a Manuel Gustavo Bordalo Pinheiro, o seu pai Rafael Bordalo Pinheiro e o seu avó Manuel Maria Bordalo Pinheiro, que deu como resultado a obra Os Três Bordalos .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lambiek Comiclopedia. Páxina web oficial do Museu Bordalo Pinheiro. Artigo de Francisco Gomes no xornal Oeste Online. Breve biografía na páxina web do Centro de Investigación en Tecnoloxías Interactivas. Ilustracións de Manuel Gustavo Bordalo Pinheiro para a revista Illustrator Portugueza. Ilustración portuguesa (1903-1923) [copia dixital] Miau! (1916) [copia dixital]
Categoría:Pintores de Portugal Categoría:Caricaturistas Categoría:Debuxantes Categoría:Ilustradores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1920