A Arruñada é un lugar da parroquia de Eilao no concello de San Martín de Ozcos que se localiza no occidente de Asturias. Situado a 569 metros sobre o nivel do mar, o casal localízase a 2,2 km da vila, e capital do concello, de San Martín de Ozcos. En 2021 tiña 3 habitantes. O lugar está nunha antiga mina de ouro a ceo aberto que os romanos explotaron nos dous primeiros séculos da nosa era.
Notas
Categoría:San Martín de Ozcos Arruñada