Dick Balduzzi, nado en Alliance, Ohio o 9 de febreiro de 1928 e finado en West Whiteland Township o 27 de xaneiro de 2020, foi un actor norteamericano de teatro e cinema.
Traxectoria Fillo de pais italianos. Logo de facer o servizo militar na armada estudou teatro en Chicago e mudouse despois a Nova York e alí traballou en pequenas producións teatrais. A partir de 1957 actou no programa de variedades para a televisión The Jackie Gleason Show de Jackie Gleason con pequenos papeis secundarios. En 1964 estableceuse nos Ánxeles e actuou en numerosas series de televisión, sen chegar a conseguir ningún rol regular mais fíxose coñecido pola súa actuación como o soldado Fisher no filme de 1970 Os violentos de Kelly. Retirouse en 1990 e estableceuse na pequena localidade de West Whiteland Township en Pensilvania. Filmografía Os violentos de Kelly (1970) Newman's Law (1974) Coma (1978) Fatso (1980) The Postman Always Rings Twice (1981) Zorro: The Gay Blade (1981) Zapped! (1982) Johnny Dangerously (1984) Into the Night (1985) Notas
Véxase tamén Ligazóns externas IMDb
Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados no condado de Stark, Ohio Categoría:Finados en 2020 Categoría:Actores de Ohio