María Dolores Araújo, máis coñecida como Nones Araújo, nada no Riós en 1953, é unha mestra e escritora galega.

Traxectoria Deu clase de Lingua nos anos 70 na segunda etapa de E.X.B. en Vigo e nos últimos anos ata a xubilación no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Xubilada, comezou a escribir e a participar en certames literarios.

Obra Imaxes roubadas (2022). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-068-7. ePub: ISBN 978-84-1110-064-9. Son vinte e nove historias ateigadas de sensibilidade e tenrura, cunha linguaxe suxestiva que axuda a organizar o relato, que flúe e en ocasións remata de xeito sorprendente. A madriña (2023). A Coruña: Hércules Ed. 120 páxs. ISBN 978-84-19754-14-1.

Premios 2020: 2º premio no VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil con A preñez desiguala.

2021: XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo con Imaxes roubadas. 2021: Certame Literario Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro, en microrrelatos.

2022: Premio Modesto R. Figueiredo por Paseniño... a desmemoria.Nones Araújo gaña o premio Modesto Figueiredo con ‘Paseniño... a desmemoria’ 2022: I premio de Novela Curta "Alén" do Concello de Ares, por A madriña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficga da autora en Xerais

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Riós Categoría:Nados en 1953