Ivar Leimus, nado en Võru o 3 de xuño de 1953, é un numismático e historiador estoniano.

Traxectoria Ivar Leimus naceu o 3 de xuño de 1953"CV: Ivar Leimus". Estonian Research Information System (www.etis.ee). na vila de Võru, no condado homónimo da daquela chamada República Socialista Soviética de Estonia.

Leimus cursou os seus estudos superiores de Historia, Arqueoloxía e Historia da Arte na Universidade de Tartu, onde se graduou en 1976, cunha memoria acerca dos achados monetarios dos séculos IX a XVII na Estonia occidental e en Saaremaa. Posteriormente, acadou o seu doutoramento en 1989, cunha tese sobre as cuñaxes livonias do século XVI, dirixida por Arkadi Molvõgin, que foi publicada en 1995.Véxase (1995) en "Publicacións".

Desde o momento da súa graduación en 1976 desenvolve o seu labor profesional como conservador de moeda no Museo Histórico de Estonia (Eesti Ajaloomuuseum),"Department of Collections and Research ". Ajaloomuuseum. en Talín, do que foi director adxunto de investigación entre 2006 e 2008. Paralelamente, impartiu docencia no Instituto de Historia da Universidade de Tartu e noutras institucións académicas.

En 1999 foi nomeado membro correspondente da Sociedade Finlandesa de Anticuarios. Entre 2002 e 2003 presidiu a Sociedade Académica de Historia (Akadeemiline Ajalooselts) e en 2007 ingresou na Comisión Histórica do Báltico (Baltische Historische Kommission). Así mesmo, entre 2005 e 2008 foi o presidente fundador da Asociación de Numismáticos do Báltico.

As súas investigacións, publicadas fundamentalmente en estoniano, en alemán e en inglés, céntranse sobre todo nas cuñaxes e na historia monetaria dos estados bálticos desde a Idade Media ata a época moderna e está considerado un experto en achados monetarios de moeda viquinga.

Recoñecementos

(1994): Premio Artur Puksowi de Estudos Medievais. (2007): Orde da Estrela Branca (cuarta clase) da República de Estonia."Bearers of Decorations". Office of the President of the Republic (www.president.ee) (2007): Premio Cultural da República de Estonia."2007. Aasta Kultuuripreemiad". Kultuuriministeerium. (2011): Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres. (2011): Premio de Investigación dos Museos Estonianos. (2019): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt."Leimus, Ivar". En Coins Weekly. 7 de setembro de 2016."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.

Publicacións Ivar Leimus é autor de decenas de artigos e colaboracións en materia numismática publicados en diversas revistas especializadas e volumes conxuntos, ademais dalgúns traballos monográficos, dos que a seguir se citan os máis significativos:"Leimus, Ivar Akselevic 1953- ". Digital Library Numis."Ivar Leimus". Academia.edu"CV: Ivar Leimus: Publications". Estonian Research Information System (www.etis.ee).

Escolma de monografías

(1986). Der Münzfund von Kose aus dem zweiten Viertel des 12. Jahrhunderts. Eesti Raamat, Talín. (1993). Eesti Vabariigi rahad, 1918-1992 / Coins and banknotes of the Republic of Estonia, 1918-1992. Olion, Talín. ISBN 9785460002146 (1995). Das Münzwesen Livlands im 16. Jahrhundert. (1515-1581/94). Stockholm Numismatic Institute, Stockholm University. ISBN 91-972706-0-1 (2001). Estonian Collections. Anglo-Saxon, Anglo-Norman and later British Coins [Sylloge of Coins of the British Isles. 51] (con Arkadi Molvõgin). Oxford University Press, Oxford. ISBN 0-19-726220-1 (2007). Sylloge of Islamic coins 710/1 - 1013/4 AD. Estonian public collections. Estonian History Museum, Talín. ISBN 978-9949-15-255-1

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web do Ajaloomuuseum

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Võru Categoría:Numismáticos de Estonia Categoría:Historiadores de Estonia Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados co premio Samir Shamma Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Profesores da Universidade de Tartu