Dietrich O. A. Klose, nado en 1955, é un numismático alemán.

Traxectoria Dietrich Klose cursou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica e Latín entre 1975 e 1983 nas Universidades do Sarre e de Múnic. No curso 1984-1985 accedeu a unha bolsa de investigación do Instituto Arqueolóxico Alemán e en 1987 acadou na Universidade do Sarre o seu doutoramento baixo a dirección do profesor Peter Robert Franke, cunha tese sobre as cuñaxes imperiais romanas en Esmirna, que foi publicada ese mesmo ano.Kampmann, U. (2021).Véxase (1987) en "Publicacións".

En 1984 ingresou como asistente de investigación na Colección Estatal de Moedas de Babiera, en Múnic (Staatlichen Münzsammlung München). En 1987 ascendeu ao posto de conservador titular da Colección Estatal e en 2007 foi nomeado director, posto que exerceu ata a súa xubilación en 2020.Hirsch, M. (2021).

Nas súas investigacións e nas súas publicacións céntrase principalmente na moeda antiga, aínda que abrangue tamén outros aspectos da numismática e da historia monetaria, como o marco alemán, as moedas do Reino de Baviera ou a medallística alemá do século XX.

Klose foi membro dos consellos directivos da Sociedade Numismática de Baviera e da Sociedade Alemá da Medalla de Arte, e presidiu a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.

Recoñecementos

(2010): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.

Publicacións Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos máis significativos dos publicados por Dietrich Klose ao longo da súa traxectoria:"Klose, Dietrich O. A.". Regesta Imperii."Klose, Dietrich O. A.". Deutschen Nationalbibliothek."Klose, Dietrich O. A.". WordCat Identities.

(1987). Die Münzprägung von Smyrna in der Römischen Kaiserzeit. De Gruyter, Berlín. ISBN 3-11-010620-5 (1996). Sport, Spiele, Sieg. Münzen und Gemmen der Antike (con G. Stumpf). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-10-7 (2002). Die Mark: Ein deutsches Schicksal. Geschichte der Mark bis 1945. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-18-3 (2006). Königlich-Bayerisches Geld. Zahlungsmittel und Finanzen im Königreich Bayern 1806 - 1918 (con F. Jungmann-Stadler). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-21-3 (2011). Kauko Räsänen. Neue Wege in der Medaillenkunst (con J. Hackl). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840275 (2013). Im Hochwasser verloren. Der römische Silbermünzenfund aus Prutting-Mühlthal bei Rosenheim (con M. Kostial-Gürter). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840299 (2014). Vom Regenbogenschüsselchen zum Euro : Geldgeschichte des Landkreises Garmisch-Partenkirchen (con M. G. L. Herrmann et al.). Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840312 (2016). Europas Verderben 1914-1918. Deutsche und österreichische Medaillen auf den Ersten Weltkrieg. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 9783922840343 (2021). Die Päpste als Bauherren im spätbarocken Rom. Medaillen und Münzen von 1667 bis 1769. Staatliche Münzsammlung München, Múnic. ISBN 978-3-922840-44-2

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hirsch, M. (2021). "Dietrich Klose". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Vol. 70. Nº 2. Páxinas 69-70. Kampmann, U. (2021). "Dietrich Klose Retired". En Coins Weekly. 4 de marzo de 2021.

Ligazóns externas

Colección Estatal de Moedas de Múnic

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Membros da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade do Sarre Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes