Alfonso Castro Barrós, nado en Serantes e finado no mesmo concello en outubro de 1935, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Secretario xudicial, foi oficial do xulgado de Ferrol en 1906,El Correo Gallego, 4-6-1906, p. 2. secretario do xulgado municipal de Neda en 1910El Correo Gallego, 11-4-1910, p. 2. e secretario suplente do xulgado de Serantes en 1915.El Correo Gallego, 18-4-1915, p. 2. Foi presidente da Sociedad de Agricultores Libertad y Progreso de Serantes dende 1924,El Ideal Gallego, 23-12-1924, p. 3. e o primeiro director do seu órgano Libertad. Foi vítima dun atentado en febreiro de 1925,El Ideal Gallego, 3-3-1925, p. 3.El Correo Gallego, 4-6-1906, p. 2. Foi presidente do Centro Republicano de Serantes que obtivo 8 concelleiros nas eleccións do 12 de abril de 1931.El Correo Gallego, 14-4-1931, p. 1. Na República foi elixido presidente do Centro Republicano de Serantes en maio de 1931,El Pueblo Gallego, 17-5-1931, p. 5. foi xuíz municipal de Serantes e presidente de Izquierda Republicana de Serantes. Finou en Serantes a principios de outubro de 1935.El Correo Gallego, 3-10-1935, p. 2.
Vida persoal
Casou con Amparo Sánchez Martínez. Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1935