Raquel Sánchez Jiménez, nada en Gavà o 18 de novembro de 1975 é unha avogada e política catalá, que foi alcaldesa de Gavà desde febreiro do 2014 e, desde 2021 ata 2023, ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do goberno de Pedro Sánchez.
Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona, fixo un Mestrado de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade Pompeu Fabra.
Exerceu como avogada en Barcelona e Castelldefels. O exercicio desta profesión espertou nela grande interese polos asuntos públicos e un profundo sentido da xustiza social.Raquel Sánchez Jiménez. Qui soc . Consultada o 27 de xaneiro de 2022.
A súa vida política desenvolveuse durante varios anos na súa localidade natal, Gavà. Membro do Partit dels Socialistes de Catalunya desde 2003, foi concelleira do municipio de Gavà desde 2007, e tenente da alcaldía desde 2011. Secretaria xeral do PSC na súa cidade desde 2012, forma parte do Consello Nacional do Partido.Sánchez Jiménez. Biografía. PSC.
Foi alcaldesa da súa cidade en 2014, en substitución do tamén socialista Joaquim Balsera i García, e revalidou este cargo en dúas eleccións, a última das cales, en 2019, acadou a maioría absoluta. 0 30 de novembro de 2019 foi nomeada vicepresidenta institucional da Área metropolitana de Barcelona.
En 2021, presentou en Gavà o "Pla de Ponent" que prevía a creación dun máximo de 4 896 vivendas, o 40 por cento delas públicas, especulando co último corredor biolóxico Garraf/Delta.
O 11 de xullo de 2021 foi nomeada ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, relevando a José Luis Ábalos como ministro de Fomento. O 21 de novembro de 2023 deixa de ser ministra e pasa ao sucesor, Óscar Puente Santiago nomeado como novo ministro de Transportes e Mobilidade Sostible.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Raquel Sánchez na web do concello de Gavà . Raquel Sánchez Jiménez. Qui soc .
Categoría:Políticos de España Categoría:Avogados de España Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Gavà Categoría:Ministros de Fomento de España