Iria Vázquez Silva, nada en Vigo en 1980, é unha profesora universitaria e escritora galega.
Traxectoria Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2004), é doutora tamén en Socioloxía coa tese La inmigración senegalesa en Galicia: remesas y cuidados en familias transnacionales (2014). Foi profesora interina de socioloxía na Universidade de Vigo e integrante do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña.
Realizou o proxecto Mulleres inmigrantes, lingua e sociedade. Novas perspectivas para a integración (2015-2017), desenvolvido na Universidade de Vigo e financiado pola Xunta de Galicia. Especialista en xénero pola Universidade de Vigo e en igualdade pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas liñas de investigación abranguen a socioloxía das migracións, ademais da socioloxía do traballo e de xénero. Traballou no ámbito da intervención social con mulleres en situación de violencia e colaborou con diversos colectivos feministas de Galiza.
Publicou no Journal of Ethnic and Migration Studies "Transnational mothering strategies: Senegalese experiences" (2017), con Luna Vives. Publicou artigos na Soziologia eta zientzia politikoaren euskal aldizkaria (en galego, Revista vasca de socioloxía e ciencia política) e en diversos congresos.
Obras
Muller inmigrante, lingua e sociedade (2017). Vigo: Galaxia, Ensaio. Coordinadora con Laura Rodríguez Salgado. ISBN 978-84-9151-056-7. Cómplices. A violencia machista institucional (2020). Vigo: Galaxia. 240 páxs. ISBN 978-84-9151-442-8. Coordinadora e autora de artigos.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña