«I'm a Loser» é unha canción composta por John LennonMiles 1997, p. 162–163. e acreditada ao dúo Lennon/McCartney. Foi gravada pola banda británica The Beatles e lanzada coma a segunda pista do álbum Beatles for Sale, de 1964. Tamén foi lanzada nos Estados Unidos coma a segunda pista do álbum Beatles '65. Na Galiza, a primeira aparación desta canción foi na edición española, do 4 de xaneiro de 1965.

Composición e letra John Lennon afirmou nunha entrevista en 1980 que ao compoñer esta canción atopábase «no seu período Dylan».

A canción bebe da música country norteamericana, collendo prestados desta elementos coma o fingerpicking ou a mensaxe triste e melancólica. Referíndose a isto último, «I'm a Loser» é considerada en moitas ocasións coma a primeira canción dos Beatles que vai máis aló dun simple romance infeliz, reflectindo os sentimentos do eu poético dun xeito complexo e escuro.

Persoal

John Lennon: voz principal, harmónica, guitarra rítmica (acústica).

Paul McCartney: harmonía vocal, baixo (eléctrico).

George Harrison: guitarra principal (eléctrica).

Ringo Starr: Batería, pandeireta. George Martin: produción.

Notas

Categoría:Cancións de The Beatles