Rebeca Rods, nada en Vigo, é unha cantante e compositora galega de Soul, Funk e sobre todo Gospel.
Traxectoria Filla do tenor Manuel Sirera. Formouse no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Con só un ano xa cantaba e aos oito empezou a súa carreira musical. En 2001 marchou estudar a Madrid facéndose Mestra de Música na Universidade Complutense. Continou a formación en canto coral e deu clases durante seis anos na Escuela Coral de Madrid. En 2009 creou o seu propio coro de Gospel: Black Light Gospel Choir. En 2011 publicou o seu primeiro disco Black Light Gospel Choir que se converteu en coro oficial de programas como Factor X, La Voz e La Voz Kids. En 2012 publicou Gospel Revolution. En 2015 Live at Joy gravado en directo na sala JOY Eslava e mesturado en Los Ángeles. En 2021 saíu Gospel Symphony no que fusionao góspel, rock e temas propios coa música sinfónica.Conta con colaboracións como Bazil Meade, director do London Gospel Choir, Markanthony Henry, director de The New York City Gospel, e a do actor e cantante Gerónimo Rauch. Pecha o disco cun tema propio, Ensíname, a súa primeira gravación en galego.
Rebeca Rods ten colaborado con Alejandro Sanz, Raphael, Laura Pausini, Patti Austin, Pastora Soler, Pitingo, El Barrio, Edurne, Soraya, Paulina Rubio, Carlos Baute, Chenoa, Coti, Marta Sánchez, Malú, Rosa López … Traballou como vocal coach en GOT Talent España, fixo dobraxes en Walt Disney/Pixar e gravou spts publicitarios e cabeceiras de radio e tv. Creou un proxecto de escola Rebeca Rods - Escuela Coral para aprender canto coral.
Estivo tres veces en Eurovisión, con D´Nash no 2007 en Helsinqui, con Pastora Soler en Bakú no 2012 e con Barei en Estocolmo no 2016.
Discografía
2011: Black Light Gospel Choir 2012: Gospel Revolution 2015: Live at Joy 2021: Gospel Symphony
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web de Rebeca Rods. Rebeca Rods en Facebook Rebeca Rods en Twitter
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid