Albino Gómez Rodríguez, coñecido como Albino e Moreiras, nado en Mugueimes (Muíños) cara a 1916, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Foi detido en setembro de 1934 co seu irmán Ramón e Francisco López acusados de roubo.El Pueblo Gallego, 15-9-1934, p. 13. Volveu ser detido en decembro de 1935 acusado de rapto.El Pueblo Gallego, 3-12-1935, p. 13. Foi detido novamente en marzo de 1936 con Juan Rodríguez González e Gumersindo Rodríguez, acusados de roubo.El Pueblo Gallego, 11-3-1936, p. 12. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 comandou un grupo formado por labregos de Muíños e Lobios e represaliados portugueses na zona occidental de Ourense que tiña como lugartenente a Gumersindo Fernández Incógnito. Dende 1946 o grupo integrouse da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia logo da reorganización de Samuel Mayo Méndez. A súa compañeira Paquita Carballo tamén o acompañou na guerrilla. O grupo realizou ataques en Regada, Vila e Gustomeao (Lobios) e refuxiábase moitas veces en Portugal. Foi detido en Portugal a mediados de 1947 e os membros do seu grupo foron capturados ao mesmo tempo pola Garda Civil de Ourense.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Muíños Categoría:Nados en 1916