A bandeira dos asirios (en : ou ) é a bandeira étnica que representa ao pobo asirio, creada para representar a súa nación e patria, así como á diáspora asiria. Os seus dous compoñentes, a estrela de Utu/Shamash, que era un símbolo do deus Shamash, e que tamén se usaba habitualmente nos postes dende o Imperio Acadio como símbolo da nación,Black & Green 1992, p. 168. combínase co antigo símbolo do deus Assur.

George Bit Atanus deseñou a bandeira por primeira vez en 1968; a Alianza Asiria Universal, a Federación Nacional Asiria e o Partido Democrático de Bet-Nahrain adoptárona en 1971. A bandeira ten un fondo branco cun círculo dourado no centro, rodeado por un estrela de catro puntas en azul. Catro franxas onduladas de tripla cor (vermello-branco-azul), ensanchadas e onduladas, conectan o centro coas catro esquinas da bandeira. Sobre o centro aparece a figura do deus asirio precristián Assur, coñecido pola iconografía da Idade de Ferro.

Galería de imaxes Variantes

Inspiracións

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobo asirio Bandeira dos arameos Ligazóns externas

Categoría:Pobo asirio Categoría:Bandeiras étnicas Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Nacionalismo asirio Categoría:Bandeiras introducidas en 1971