Compañía Mexicana de Aviación, S.A. de C.V. (comunmente coñecida como Mexicana) foi unha aeroliña de México. Fundada en 1921, era a aeroliña máis antiga do país e unha das aeroliña de marca única continua máis antigas do mundo (despois de KLM, Avianca e Qantas). Antes do cesamento das súas operacións en agosto de 2010 trátábase da aeroliña insignia e a máis grande de México. O peche do grupo foi anunciado polo novo equipo directivo da compañía pouco tempo despois de que se declarara en suspensión de pagos. O 4 de abril de 2014 un xuíz declarou a bancarrota de Mexicana e ordenou comezar a vender todos os activos da compañía para pagar as obrigas da aeroliña. A súa sede atopábase na Torre Mexicana de Aviación (hoxe Torre AXA) da Cidade de México.

Ademais de servizos domésticos, Mexicana operaba voos a varios destinos internacionais en América do Norte, Centroamérica, o Caribe, Suramérica e Europa. O seu principal centro de conexións era o aeroporto internacional da Cidade de México, con centros secundarios no aeroporto de Cancún e no aeroporto de Guadalaxara."Directory: World Airlines". Flight International. 10 de abril de 2007. p. 50

Os principais competidores de Mexicana eran Aeroméxico (aínda que as dúas compañían tiñan código compartido nalgunhas rutas), e aeroliñas de baixo custo como Volaris e Interjet. Mexicana era a aeroliña máis antiga de Norteamérica e a curta máis antiga do mundo operando baixo o mesmo nome.

En 2009 o grupo de aeroliñas Mexicana (que incluía a Mexicana Click e a Mexicana Link) transportou máis de 11 millóns de pasaxeiros (6,6 millóns en rutas domésticas e 4,5 en rutas internacionais), usando unha frota duns 110 avións.

Durante os tres anos anteriores ao seu peche, o grupo Mexicana incrementara a súa participación nun florecente mercado doméstico, pasando dun 22% a principios de 2007 a case un 30% no seu último ano de vida. Isto acadouse reducindo o tamaño das operacións principais de Mexicana mentres se intensificaban as actividades de Mexicana Click (orixinalmente planeada como unha aeroliña de baixo custo) e de Mexicana Link (a subsidiaria operadora de CRJ con base en Guadalaxara).

Tras unirse primeiro a Star Alliance en 2000, Mexicana deixou a alianza en 2004 antes de unirse a Oneworld o 10 de novembro de 2009. Mexicana solicitou un concurso mercantil en agosto de 2010 nun intento de reestruturar as súas operacións. O 27 de agosto de 2010 Mexicana anunciou que suspendería as súas operacións indefinidamente na medianoite do día seguinte. As súas filiais Click e Link tamén pararon as súas operacións.

Notas

Categoría:Aeroliñas de México