miniatura|O Thor Able 4 lanzando o Pioneer 5. Thor Able foi unha serie de foguetes espaciais dos Estados Unidos.
Características Os foguetes Thor Able usaban unha primeira etapa baseada no mísil Thor xunto cunha segunda e terceira etapas formadas polo foguete Able (derivada do Vanguard) en diferentes configuracións. Foron usados un total de 16 entre 1958 e 1960, con catro fallos comletos e dous parciais. Tódolos lanzamentos se fixeron desde Cabo Cañaveral. Os foguetes foron manexados inicialmente pola Forza Aérea para máis tarde ser xestionados pola NASA.
Versións Thor Able Thor Able a secas ou Thor-DM-18 Able foi a primeira versión dos foguetes Thor Able. Usaba unha primeira etapa Thor xunto cunha segunda e terceira etapas combinadas Able / AJ10-40. Os lanzamentos desta versión estaba deseñados para probar a cofia e levaban un rato cada un. O primeiro lanzamento fallou debido á explosión do foguete, mentres que os dous seguintes tiveron éxito, aínda que ningún dos ratos foi recuperado.
Thor Able I O Thor Able I usaba unha última etapa Altair e podía lanzar cargas de ata 50 kg. Lanzáronse tres con dous fallos completos ao estoupar os foguetes e un fallo parcial ao non producir a terceira etapa suficiente pulo.
Thor Able II O Thor Able II usaba unha etapa Able II sen etapas adicionais. Lanzáronse seis, unha cun fallo parcial.
Thor Able II M1 O Thor Able II M1 usaba unha etapa Able II e unha última etapa Altair. Lanzáronse dous, con un fallo.
Thor Able III O Thor Able III usaba unha etapa Able III e unha última etapa Altair. Lanzáronse só un modelo deste foguete, con éxito.
Thor Able IV O Thor Able III usaba unha etapa Able IV e unha última etapa Altair. Lanzouse un, con éxito.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasARTV 124 de abril de 1958Thor AbleFalloARTV 210 de xullo de 1958Thor AbleÉxitoARTV 323 de xullo de 1958Thor AbleÉxitoPioneer17 de agosto de 1958Thor Able 1FalloPioneer 111 de outubro de 1958Thor Able 1Fallo parcialPioneer 28 de novembro de 1958Thor Able 1FalloPGRTV 123 de xaneiro de 1959Thor Able 2Fallo parcialPGRTV 228 de febreiro de 1959Thor Able 2ÉxitoPGRTV 321 de marzo de 1959Thor Able 2ÉxitoPGRTV 48 de abril de 1959Thor Able 2ÉxitoPGRTV 520 de maio de 1959Thor Able 2ÉxitoPGRTV 611 de xuño de 1959Thor Able 2ÉxitoExplorer 67 de agosto de 1959Thor Able 3ÉxitoTransit 1A17 de setembro de 1959Thor Able 2 M1FalloPioneer 511 de marzo de 1960Thor Able 4ÉxitoTIROS 11 de abril de 1960Thor Able 2 M1Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos PGM-17 Thor Thor Ablestar
Categoría:Thor (foguete)