Alonso González Rodríguez, nado no século XVIII en Pobra de Seabra e finado o 30 de novembro de 1823, foi un pioneiro da vacinación e político español de ideoloxía liberal. Traxectoria
Ensaiou con éxito unha vacina contra a varíola na comarca de Seabra en 1803, con especial éxito no concello de Trefacio, e logo durante guerra contra o francés formou, como vogal de armamento da xunta local, parte das forzas que se opuxeron ao asedio do exército francés á súa cidade natal e ao cabo tivo que fuxir ao monte, e alí o coñecemento do terreo favoreceu o movemento de tropas portuguesas pola fronteira. En 1813, tras a liberación da Pobra, foi un do tres deputados que a provincia de Valladolid (na que entón estaban incluída a terra de Sanabria) enviou ás Cortes.
Tras conseguir praza como funcionario da Facenda Real, xubilouse en 1816 e volveu á súa localidade natal. Durante o Trienio Liberal foi deputado provincial polo partido da Pobra de Seabra na deputación provincial de Valladolid entre 1820 e 1822.
Notas
Categoría:Nados na Pobra de Seabra Categoría:Deputados nas Cortes de Cádiz Categoría:Nados no século XVIII Categoría:Finados en 1823 Categoría:Personalidades sen imaxes