Antonio Nieves Ferreiro, coñecido como Narote, nado en Vilasante (O Saviñao) en 1913 e finado en Vigo en decembro de 2019, foi un militar e político galego.

Traxectoria Facía o servizo militar na base aérea de León, e nos primeiros días da revolución de Asturias de 1934 liderou un movemento de apoio aos sublevados; asaltaron o arsenal e impediron a engalaxe dos avións repletos de bombas para descargar sobre Oviedo. Detido, un tribunal de guerra condenouno a 20 anos de prisión, que se reduciron a 16 meses no forte de Guadalupe de Irún. Logo do triunfo da Fronte Popular foi amnistiado e regresou a Escairón con Antonio Sánchez Quiroga, sendo recibidos con fogos artificiais e un banquete o 1 de marzo.El Pueblo Gallego, 25-2-1936, p. 14.El Pueblo Gallego, 6-3-1936, p. 13.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Nos dous primeiros meses alternaba dous agochos: pasaba 15 días no muíño do Pimento, a tres quilómetros de Escairón, e outros tantos na cova da Pena de Abeado, a 8 quilómetros. Canso do frío e da fame volveu a Escairón camuflado nun carro de centeo. Na súa casa improvisou primeiro un agocho nas táboas do tellado, e despois construíu un zulo na parede onde se metía sempre cunha pistola e unha bomba de man. Descuberto finalmente e detido, saíu do calabozo en 15 días porque a Garda Civil redactou un "informe inmejorable en el que se callaban muchas cosas" grazas a unha tía súa. Foi novamente detido nos anos cincuenta e encarcerado en Quiroga. Salvou outra volta grazas a un antigo compañeiro do servizo militar agora avogado en Quiroga. Exiliouse en Venezuela. Traballou como representante de bixutería fina e instalouse en Vigo, onde morreu en decembro de 2019.

Vida persoal

Casou en segundas nupcias con Olga Martínez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas La incansable lucha de Narote "Me sublevé por mi conciencia", entrevista en El País.

Ficha en Represión franquista en Lugo 20px Narote 20px Antonio Nieves Ferreiro, «Narote»

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1913

Categoría:Finados en 2019