Ladeiras, casas e adegas de Champaña é o nome que reciben varios sitios da rexión de Champaña de Francia inscrito na lista da UNESCO do Patrimonio da Humanidade en 2015 polos seus vínculos históricos coa produción e venda de champaña, así como o seu testemuño do desenvolvemento dunha empresa agroindustrial de renome internacional.

Descrición Aínda que só ocupa unha pequena parte da rexión vinícola de Champaña, o Patrimonio da Humanidade está formado por lugares que representan todo o proceso de creación e venda de champaña. En total, hai 14 sitios distintos, agrupados en tres categorías:

Os viñedos históricos de Hautvillers, Aÿ e Mareuil-sur-Aÿ, e as súas correspondentes adegas, onde as uvas se cultivan e fermentan desde polo menos 1673. Outeiro de Saint-Nicaise en Reims, un viñedo urbano con adegas propias que se combina con espazos públicos e parques. Avenida de Champaña e Fort Chabrol en Épernay, o lugar máis coñecido para amosar e vender o champaña.

Os viñedos de Hautvillers, Aÿ e Mareuil-sur-Aÿ inclúen cabanas e prensas de colleita in situ, para procesar as uvas cun transporte mínimo. As adegas debaixo das aldeas e viñedos, escavadas nas ladeiras calcarias nos séculos XVII e XVIII, corren costa arriba desde os viñedos. Non obstante, as adegas máis grandes atópanse no Outeiro Saint-Nicaise. Estas adegas, construídas máis tarde que as das bisbarras da cidade, expandíronse sobre canteiras de calcaria subterráneas xa existentes e esténdense varios quilómetros por debaixo dos viñedos e da cidade. A Avenida de Champaña en Epernay contén a sede de moitos dos eminentes fabricantes de champaña. Construída ao longo dunha importante ruta comercial entre Francia e Alemaña, a rúa alberga edificios de comerciantes de champaña desde o século XVIII.

Lista de sitios rexistrados A inscrición na Lista do Patrimonio Mundial conserva en particular 14 sitios distribuídos no noroeste do departamento de Marne. Sitio Comuna Propiedade - superficie (ha) Zona tampón - área (ha) Valoracións Datos de contacto Ilus. Coteaux d’Hautvillers Hautvillers 100px Adegas cooperativas de Hautvillers Hautvillers Sitio subterráneo. Adega Thomas Hautvillers Sitio subterráneo. Ladeiras de Aÿ Aÿ 100px Adegas de Aÿ Aÿ Sitio subterráneo. 100px Ladeiras de Mareuil-sur-Aÿ Mareuil-sur-Aÿ 100px Adegas de Mareuil-sur-Aÿ Mareuil-sur-Aÿ Sitio subterráneo. Outeiro Saint-Nicaise Reims Inclúe o distrito de Chemin-Vert. 100px Adegas Pommery, Ruinart, Veuve-Clicquot, Charles Heidsieck Reims Sitio subterráneo. 100px Adegas Taittinger Reims Sitio subterráneo. 100px Adegas Martel Reims Sitio subterráneo. Avenida de Champaña Épernay 100px Fort Chabrol Épernay 100px Adegas da avenida de Champaña Épernay Sitio subterráneo. 100px

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas . Site de l'inscription.

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia