The Fallout é un filme estadounidense de 2021 escrito e dirixido por Megan Park. Está protagonizado por Jenna Ortega como Vada Cavell, unha estudante de instituto que sofre un importante trauma emocional despois dun tiroteo no seu centro. O filme conta coas actuacións Maddie Ziegler, Julie Bowen, John Ortiz, Niles Fitch, Will Ropp e Shailene Woodley nos papeis secundarios. A banda sonora é obra de Finneas O'Connell.
The Fallout estreouse no festival South by Southwest o 17 de marzo de 2021, e estreouse o 27 de xaneiro de 2022 en HBO Max a través de Warner Bros. Pictures e New Line Cinema. Recibiu a aclamación da crítica, que eloxiou a dirección, o guión, a banda sonora de O'Connell e a interpretación de Ortega. No South by Southwest, foi galardoado co Gran Premio do Xurado na competición de Filme Narrativo, o Premio da Audiencia e o Premio Iluminación Brightcove.
Personaxes
Jenna Ortega como Vada Cavell Maddie Ziegler como Mia Reed Niles Fitch como Quinton Hasland Will Ropp como Nick Feinstein Lumi Pollack como Amelia Cavell John Ortiz como Carlos Cavell Julie Bowen como Patricia Cavell Shailene Woodley como Anna Christine Horn como Mrs. Victor Austin Zajur como Dan Bonavure Yindra Zayas como Megan
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre violencia escolar Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre depresión