Dinotopia: The Timestone Pirates é un videoxogo de plataformas de 2002 para a consola Game Boy Advance, desenvolvido por RFX Interactive e publicado por TDK Mediactive. Está ambientado no universo Dinotopia de James Gurney.

Sinopse Clayton rematou o seu adestramento Skybax cando os seus amigos Hyla, unha muller humana, e Krekor, un hadrosauro, lle comunican unha ameaza para Dinotopia. Unha banda de piratas está roubando e escondendo ovos de Tyrannosaurus por toda a illa, intentando sacar as criaturas dos seus lugares de anidación para que poidan buscar algún artefacto. Clayton recibe un Sunstone Prod, un dispositivo similar a un bastón, para usar contra os piratas mentres busca os ovos.

A medida que o xogo avanza, faise evidente que os piratas perseguen o Timestone, un artefacto mítico que se di que ralentiza o tempo en torno a quen o ten. Clayton debe correr para atopar todos os ovos restantes e localizar o Timestone antes que o fagan os piratas.

Cada nivel ten lugar nunha parte diferente de Dinotopia]. Despois de tres seccións de cada nivel, Clayton enfróntase a un desafío adicional, normalmente un xefe co cal loitar, e despois debe devolver os ovos que recuperou á zona de anidación dos tiranosauros antes de pasar ao seguinte nivel.

Modo de xogo Para os dous primeiros niveis, Clayton usa o seu Sunstone Prod con tres pedras solares diferentes: Laser Sunstone, que dispara un láser aos inimigos, Flash Sunstone, que cega temporalmente aos inimigos e Earthquake Sunstone, que elimina todos os inimigos visibles. Clayton tamén pode balancear o Prod como un garrote a curta distancia.

No terceiro nivel, o xogo cambia a medida que Clayton voa en Canyon City, pilota o Remora baixo a auga e corre con Kreekor nas Cavernas do Diamante. Nos desafíos finais do segundo e quinto niveis, Clayton debe usar o seu Prod contra os seus inimigos mecanizados, pero non pode usar pedras solares.

Acollida

O xogo tivo unha recepción mixta, xa que GameRankings deulle unha puntuación de 59,22% mentres que Metacritic deulle unha puntuación de 64 sobre 100.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigo sobre o xogo na páxina oficial de Dinotopia Información da estrea en GameFAQs

Categoría:Videoxogos de 2002 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos exclusivos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Francia Categoría:Videoxogos baseados en novelas