A bandeira dos hopi é utilizada polo pobo hopi de Arizona que vive na reserva Hopi, nos Estados Unidos de América, a cal está rodeada pola Nación Navagho. A bandeira é unha tricolor vertical coas cores turquesa, branco e amarelo, e co símbolo dos hopi no medio. A bandeira vai acompañada dunha franxa vermella.

Historia

En 2002, Leigh Kuwanwisiwma propuxo un deseño de bandeira para o pobo. As conversas sobre a adopción dunha bandeira xurdiron en 1993, mais a bandeira actual só se adoptou na primavera de 2002. O deseño foi impreso no xornal tribal e fomentáronse os comentarios sobre a bandeira. A bandeira representa o modo de vida hopi e chámase Naatoyla en lingua hopi.

Simbolismo Cores As cores da bandeira dos hopi representan o millo e o modo de vida hopi. Turquesa: Natwani, todos os cultivos tradicionais do pobo hopi, a continuidade de toda a vida e o deber de manter a familia. Branco: Qastiyayngwani, pureza na vida e equilibrio no momento da creación. Amarelo : Sitala, moitas flores, pois cando a vida vexetal se rexuvenece, a terra bendícese con espíritos renovados.

Símbolo hopi O Tuuwaqatsi ou símbolo da terra é o principal símbolo do pobo hopi. Donald Healy fala del no seu libro "Native American Flags":

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Pobo hopi Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras con cruces Categoría:Bandeiras introducidas en 2002