Saturnino Grech Pomares, máis coñecido como Satur Grech, nado en Alacante o 6 de xuño de 1914 e finado en Palma o 31 de xullo de 2001, foi un futbolista e adestrador español.

Traxectoria Comezou a súa carreira como futbolista no Poble Nou de Barcelona, pasando despois polo Murcia, a UE de Sants, o Espanyol, o Sabadell e o Cartagena. En 1942 fichou polo Mallorca, onde militou durante varias tempadas, antes de pasar ao Arenas de Zaragoza e ao Constància, onde colgou as botas en 1949.

Iniciou a súa carreira como adestrador no propio Constància, pasando logo polo Mallorca en dúas etapas. En xaneiro de 1954 colleu as rendas da UD Las Palmas, coa que conseguiu o ascenso á primeira división por segunda vez na historia do club. Continuou durante tres tempadas máis no equipo canario, conseguindo sempre a permanencia.

En 1957 chegou ao Sevilla, ao que dirixiu en varios partidos da Copa de Europa, e máis tarde pasou polos bancos de Hércules, Mallorca, Atlético Baleares, Cartagena e Tenerife. En 1965 converteuse no novo adestrador do Racing de Ferrol, co que se proclamou campión da Terceira División e logrou o ascenso á Segunda despois de varios anos de ausencia. Estivo á fronte do equipo durante dúas tempadas máis, e tras pasar polo Lleida e o Compostela, regresou ao Racing para a tempada 1971/72, pero foi destituído despois de só oito partidos, cun balance dun empate e sete derrotas. Por último adestrou de novo o Constància antes de retirarse.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do adestrador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en Alacant Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Cartagena FC Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Club Esportiu Constància d'Inca Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do RCD Mallorca Categoría:Adestradores da UD Las Palmas Categoría:Adestradores do Sevilla FC Categoría:Adestradores do Hércules CF Categoría:Adestradores do Atlético Baleares Categoría:Adestradores do Cartagena FC Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol Categoría:Adestradores do UE Lleida Categoría:Adestradores da SD Compostela