A bandeira de Cantabria é un dos símbolos de Cantabria, unha comunidade autónoma de España. As cores da bandeira oficial foron estabelecidas no seu Estatuto de Autonomía. Componse de dúas franxas horizontais iguais, sendo a branca a superior e a vemella a inferior, co escudo da comunidade no seu centro xeométrico.

Historia Cando, por Real Orde de 30 de xullo de 1845, se asignaron as bandeiras que corresponderían ás diferentes matrículas das provincias marítimas de España, todas elas recibiron como contrasinal deseños aleatorios nas cores azul, vermello, amarelo e branco. Algúns autores defenden que non foi así para a provincia marítima de Santander, na cal se respectou a súa bandeira branca e vermella. Segundo as teses dos historiadores que apoiaron a asunción do estandarte branco e vermello da provincia marítima de Santander pola comunidade autónoma de Cantabria, o seu contrasinal é o único en España anterior á Real Orde de 30 de xullo de 1845 que respectou a súa bandeira branca e vermella empregada cando menos dende o século XVIII por barcos e tropas cántabras. Porén, non existe unanimidade ao respecto xa que as evidencias achegadas sobre o seu uso antes da Real Orde foron refutadas por diversos autores con posterioridade.

miniatura|Recreación contemporánea do lábaro cántabro. En calquera caso, a bandeira foi amplamente asumida como emblema na rexión, até o punto que a propia cidade de Santander, que posuía bandeira propia branca e azul, chegou a substituíla pola da matrícula marítima, até que na segunda década do século XX, un informe de Fresnedo de la Calzada propiciou un deslinde dos campos, pasándose a usar a branca e azul para a capital e a branca e vermella pola daquela deputación provincial; sendo posteriormente asumida pola comunidade autónoma cántabra.

No ano 2016, atendendo ás reivindicacións de diversos colectivos tanto sociais como políticos, recoñeceuse oficialmente como símbolo representativo e identitario do pobo cántabro unha segunda bandeira que fora desestimada no proceso autonómico, o lábaro cántabro.Boletín Oficial del Parlamento de Cantabria Página 2128 15 de marzo de 2016 Núm. 85El lábaro es reconocido como símbolo del pueblo cántabro

Outras bandeiras históricas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía VV.AA.: Gran Enciclopedia de Cantabria. Santander: Cantabria, 1985 (8 tomos) e 2002 (tomos 9, 10 e 11). ISBN 84-86420-00-8 Outros artigos Lábaro cántabro

Categoría:Bandeiras de España Categoría:Símbolos de Cantabria