Isabel de Borbón e Borbón (de nome completo María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón),Vázquez y Rodríguez, Leopoldo (1880). [https://www.cervantesvirtual.com/obra/cronica-de-los-festejos-reales-celebrados-con-motivo-del-regio-enlace-de-sm-el-rey-don-alfonso-xii-con-sar-la-archiduquesa-de-austria-dona-maria-cristina-en-29-de-noviembre-de-1879/ Crónica de los Festejos Reales celebrados con motivo del Regio Enlace de S.M. el Rey don Alfonso XII con S.A.R. la Archiduquesa de Austria Doña María Cristina en 29 de noviembre de 1879]. p. 7. Imprenta Enrique Rubiños. Madrid.​ coñecida popularmente como La Chata, nada en Madrid o 20 de decembro de 1851 e finada en París o 23 de abril de 1931, filla primoxénita de Isabel II e Francisco de Asís de Borbón, foi infanta de España, princesa de Asturias de 1851 a 1857 e de 1874 a 1880 e condesa de Girgenti por casamento.

Traxectoria A infanta Isabel naceu o 20 de decembro de 1851 no Palacio Real de Madrid como a filla primoxénita da raíña Isabel II e Francisco de Asís de Borbón. Ao día seguinte, foi bautizada na Capela Real do palacio cos nomes de María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón, sendo os padriños os seus avós a raíña María Cristina e o infante Francisco de Paula de Borbón.

Considerada princesa de Asturias desde o seu nacemento, unicamente desde o 24 de marzo de 1852 ostentou o título por concesión da súa nai en real decreto. A Cruz da Vitoria, símbolo do Principado de Asturias e dos herdeiros da Coroa, tampouco lle foi conferida ao seu nacemento, senón sete anos despois, en 1857. Este último ano, naceu o seu irmán Alfonso, quen pasou a ser o herdeiro de Isabel II. miniatura|300px|Visita da Infanta Isabel ás Ruínas de San Domingos, en 1906, foto de Zagala. Matrimonio A infanta Isabel contraeu matrimonio con Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, conde de Girgenti, fillo de Fernando II rei das Dúas Sicilias, o 13 de maio de 1868. Foi un matrimonio concertado e non mantiveron nunca moita proximidade entre si. A infanta Isabel e Caetano non tiveron descendencia. Durante a súa viaxe de vodas, fóra de territorio español tivo a noticia do derrocamento da súa nai e non puido regresar a España ata a restauración da monarquía en 1874. Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, padecía epilepsia, non sendo advertida desta circunstancia a infanta Isabel antes de casar. En setembro de 1871, a infanta Isabel sufriu un aborto espontáneo, evento que foi un duro golpe emocional para o seu esposo e que prexudicou definitivamente a súa saúde mental. Dous meses máis tarde, o 26 de novembro, Caetano suicidouse pegándose un tiro na cidade de Lucerna. miniatura|A Infanta Isabel de Borbón e Borbón en 1917. Vida posterior Coa proclamación do príncipe Afonso como rei de España, a infanta Isabel converteuse por segunda vez en princesa de Asturias, herdeira ao trono ata que se produciu o nacemento da súa sobriña a princesa María de las Mercedes en 1880, aínda que o goberno resistiuse a xurala e recoñecela oficialmente como herdeira.

En 1900 adquiriu o palacio de Quintana, onde residiu de 1902 a 1931.

Unha das actividades públicas da infanta Isabel que tivo maior transcendencia foi a viaxe a Buenos Aires, representando á Coroa Española, con motivo de celebración do Centenario da Revolución de Maio (1810) da República Arxentina que tivo lugar en 1910, estando presente na colocación da primeira pedra do Monumento á Carta Magna e as Catro Rexións Arxentinas.

Foi inmortalizada polo pintor José María López Mezquita saíndo dos touros, en coche de cabalos e acompañada da súa amiga da infancia e dama de compañía María Dolores Balanzat y Bretagne, marquesa de Nájera. O cadro, datado en 1915, exponse no Museo de Historia de Madrid, pois a infanta Isabel foi un personaxe que gozou de gran simpatía popular, especialmente entre a poboación madrileña, que a coñeceu co apelativo da Chata. No seu honor foi nomeada a coñecida rúa da Princesa en Madrid. Grazas a esta popularidade, sendo case octoxenaria, non foi obrigada polas novas autoridades a exiliarse ao proclamarse en España a II República. Con todo, Isabel decidiu acompañar aos seus parentes e partiu cara a Francia. Cinco días logo de abandonar España morreu de causa natural nun convento de Auteuil, preto de París. Foi enterrada en Francia.

O 23 de maio de 1991, por orde do rei Xoán Carlos I, foron trasladados os seus restos a España e depositados na Colexiata da Santísima Trindade do Palacio Real da Granja xunto aos do rei Filipe V e a súa esposa Isabel de Farnesio. Descansa na Colexiata deste Real Sitio de España porque estivo moi vinculada a el, pasando alí as vacacións e organizando faladoiros da clase feminina da alta nobreza da época no "Pequeno Versalles", os xardíns deste lugar. Ademais, aínda se mantén o seu recordo, xa que trala apertura ao público no ano 2000 deste Palacio dedicouse a última habitación da primeira planta a esta infanta de España, colocando tres fotografías encima dun piano de cola.

Xunto ao Parque do Oeste en Madrid érguese un conxunto escultórico na súa memoria, na rúa do pintor Eduardo Rosales (número 30).

Títulos e tratamentos

20 de decembro de 1851 - 24 de marzo de 1852: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón 24 de marzo de 1852 - 28 de novembro de 1857: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Dona Isabel de Borbón e Borbón, princesa de Asturias 28 de novembro de 1857 - 13 de maio de 1868: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón 13 de maio de 1868 - 26 de novembro de 1871: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa de Girgenti 26 de novembro de 1871 - 24 de marzo de 1875: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa viúva de Girgenti 24 de marzo de 1875 - 11 de setembro de 1880: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Dona Isabel de Borbón e Borbón, princesa de Asturias, condesa viúva de Girgenti 11 de setembro de 1880 - 23 de abril de 1931: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa viúva de Girgenti

Escudos de armas

Distincións honoríficas Do Reino de España 20 de decembro de 1851: Dama da Orde das Damas Nobres da Raíña María Luisa. 16 de maio de 1928: Dama gran cruz da Orden Civil de Beneficencia.

Estranxeiras Dama de primeira clase da Orde da Cruz Estrelada. (border|25px Imperio Austrohúngaro) Dama de honor da Orde de Teresa. (border|25px Reino de Baviera). Dama gran cruz da Orde de San Carlos. (20px Imperio mexicano)

Antepasados

Na ficción Aparece representada en dous filmes da segunda metade do século XX: ¿Dónde vas, Alfonso XII? (de 1958), interpretada pola actriz Lucía Prado. ¿Dónde vas, triste de ti? (de 1960), interpretada pola actriz Marta Padován.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Infantes de España Categoría:Príncipes de Asturias