TOPO 1 foi un satélite artificial do exército dos Estados Unidos de América adicado a probar novas tecnoloxías relacionadas coa xeodesia e o posicionamento na superficie terrestre lanzado o 8 de abril de 1970 mediante un foguete Thor Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
Características A misión principal de TOPO 1 foi estudar novas técnicas para a determinación en tempo real da posición sobre a superficie terrestre, para a comunicación con satélites e obter información sobre os efectos da ionosfera en estudos xeodésicos.
O satélite tiña unha masa de 21,8 kg e estaba baseado nos satélites SECOR, con forma de caixa cunhas dimensións de 0,36 x 0,30 x 0,23 m, e levaba a bordo un transpondedor para telemetría en 136,84 MHz e un canal de 590 KHz para o estudo da ionosfera. A alimentación eléctrica era producida por células solares na superfie do satélite. O satélite deixou de usarse o 14 de xaneiro de 1972 debido a falta de fondos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Thor Agena D
Categoría:Satélites artificiais