Prosopographisches Lexikon der Palaiologenzeit, abreviado PLP (en galego, «Léxico prosopográfico da era dos Paleólogos), é unha obra de referencia en grego e alemán sobre as persoas relevantes dos últimos dous séculos do Imperio bizantino, desde 1261 até a caída de Constantinopla en 1453, cando o imperio foi gobernado pola dinastía Paleólogo. O traballo é unha fonte completa de biografías e xenealoxías non só dos gregos bizantinos senón tamén de búlgaros, serbios, albaneses, turcos e outros pobos que interactuaron co Imperio bizantino nesa época.

Foi publicada entre 1976 e 1996 pola Academia de Ciencias de Austria, baixo a dirección de Erich Trapp, coa colaboración de Rainer Walther, Hans-Veit Beyer, Katja Sturm-Schnabl, Ewald Kislinger, Sokrates Kaplaneres e Ioannis Leontiadis. Consta de 15 volumes: 12 volumes principais, dous de apéndices e erratas, e un de índice. En 2001, o PLP lanzouse en liña como un servizo baseado en subscrición e un CD.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Prosopographia Imperii Romani Prosopography of the Later Roman Empire Prosopography of the Byzantine World Prosopographie chrétienne du Bas-Empire

Ligazóns externas

Versión en liña

Categoría:Prosopografía Categoría:Imperio Bizantino