Elena Rodríguez-Falcón nada en Monterrei en 1972 é unha enxeñeira mecánica mexicana. É a presidenta e xefa executiva do New Model Institute for Technology and Engineering (NMiTE). Ata xaneiro de 2018 foi profesora na Universidade de Sheffield."‘National approach needed to boost women in engineering’" . Yorkshire Post, 10 August 2015."New University hopes to provide a pipeline of 'industry-ready' engineers" . The Engineer, 21 May 2015 | By Stephen HarrisÉ membro da Institution of Engineering and Technology e membro principal da Higher Education Academy no Reino Unido.

Traxectoria Elena Rodríguez estudou enxeñería mecánica na Universidade Autónoma de Nuevo León de México, onde se graduou en 1994. Posteriormente fixo un mestrado en enxeñería mecánica e relacións industriais na mesma universidade. En 2000 Rodríguez-Falcón rematou o mestrado en enxeñaría mecánica e administración industrial na Universidade Sheffield Hallam no Reino Unido.

Elena Rodríguez traballou no sector industrial en México dende 1993, primeiro como enxeñeira de deseño e loxística e máis tarde como xerente de proxectos e calidade. En 2002 uniuse á Universidade de Sheffield no Reino Unido, onde inicialmente deseñou e dirixiu programas académicos de enxeñería mecánica enfocados a negocios e empresas.

Comezou a súa carreira académica ensinando planeación empresarial en varios departamentos da Facultade de Enxeñaría; o estudantado das súas materias traballou con clientes para desenvolver solucións de enxeñería con potencial para convertirse en produtos comerciais. Durante os seus cursos creáronse e comercializáronse diversos artíios: un exemplo é a luva parlante que permite que as persoas que sufriron un derramo cerebral poidan comunicarse. Rodríguez-Falcón tamén investigou a influencia das diferenzas culturais nas expectativas laborais do estudantado de enxeñaría.

Elena Rodríguez foi nomeada directora de educación empresarial na Universidade de Sheffield en 2011 e ao ano seguinte converteuse en profesora titular. En 2014 foi nomeada directora de comunicación e relacións externas da Facultade de Enxeñería."Global Insight On Drawing Girls To Tech". Tell Me More, March 6, 2014, National Public Radio"Evaluating teaching" . International Video Project (IVP), March 2016. p. 43"Global Insight On Drawing Girls To Tech". NPR, March 6, 2014

Entre 2011 e 2014 exerceu as funcións de directora de mulleres en enxeñería."How A Sheffield Professor Is Boosting Engineering Courses Among Women" . Engineering Because, Elena Doncheva. 12 June 2014 Neste posto difundiu a necesidade de que máis mulleres se formasen como enxeñeiras e expuxo como podería lograrse. Polo seu traballo neste campo foi recoñecida nos premios Wise 2014 na categoría Mulleres na Ciencia e Enxeñería."‘National approach needed to boost women in engineering’". Yorkshire Post 10 August 2015."Royal recognition for Sheffield professor" . The Star, 25 November 2014"Is engineering too geeky for girls? Of course not". The Guardian, Victoria Ngow 5 November 2013"National Women in Engineering Day: six Twitter accounts to follow". The Yorkshire Post, Harriet Minter 23 Jun 2014

En xaneiro de 2018 deixou Sheffield por Hereford para formar parte do New Model Institute for Technology and Engineering (NMiTE) como directora académica e reitora inaugural. Accedeu aos cargos de presidenta e directora executiva da entidade en 2018.

Premios e Recoñecementos 2007 - Premios do Ensino en Enxeñaría outorgados pola Real Academia de Enxeñería do Reiuno Unido.

2007 - Académica máis inspiradora, pola Universidade de Sheffield.

2015 - Doutoramento de enxeñería honoris causa pola súa alma mater, a Universidade Autónoma de Novo León en México.

2019 - Recoñecemento como membro da Institution of Engineering and Technology do Reino Unido.

2020 - Executiva líder nos premios Engineering Talent Awards outorgados pola Institution of Engineering and Technology do Reino Unido.

2020 - Muller do Ano en Tecnoloxía por FDM Everywoman.

2020 - Premio Traxectoria do Ano 2020 por Equal Engineers e a Royal Academy of Engineering do Reino Unido.

2020 - Recoñecemento Mexicana Distinguida en Reino Unido, Embaixada de México en Londres.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Elena Rodríguez Falcón, una rectora con garra Ficha en LinkedIn

Categoría:Enxeñeiros de México Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Monterey Categoría:Profesores da Universidade de Sheffield