José Neira Vidal, nado en Lalín o 7 de maio de 1895 e finado en Buenos Aires, foi un avogado e empresario galego.

Traxectoria Emigrou cos seus pais á Arxentina en 1907. En Buenos Aires estudou o bacharelato e fixo Procuración. Foi funcionario de Correos e Telégrafos e traballou como secretario dun avogado. En 1928 foi designado Apoderado General de la Municipalidad de la Ciudad de Buenos Aires. Foi secretario da Agrupación Artística Gallega, secretario e presidente, durante once anos, da sociedade Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires. Secretario do Centro Gallego de Buenos Aires, foi elixido presidente pola candidatura republicano-galegista en 1938, desempeñando o cargo ata 1941. Volveu presentarse á presidencia do Centro Gallego en 1950 encabezando a candidatura das agrupacións Celta e Unión Gallega, que foi derrotada pola de Javier Vázquez Iglesias.El Progreso, 10-11-1950, p.4. Amigo de Luis Seoane, a quen nomeou director de Galicia, de Jiménez de Asúa e de Castelao.

Vida persoal

miniatura|200px|José Neira Vidal (1932).

Casou con Joaquina Martínez e foi pai de Ilda Delia (nada en 1925)El Heraldo Gallego, 8-2-1925, p. 2. e José Carlos Neira Martínez (nado en 1929).El Correo de Galicia, 24-11-1929, p. 3. Notas

Véxase tamén Bibliografía Fernández Santiago, Marcelino X.: "Asociacionismo gallego en Buenos Aires", en Núñez Seixas, X. M. (edit.): Galicia Austral: la inmigración gallega en la Argentina. Buenos Aires: Editorial Biblos, 2001, p. 184-185. José Neira Vidal, presidente del Centro Gallego de Buenos Aires

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en ano descoñecido