miniatura|230px|Cyanocorax violaceus pousada baixo a chuvia no leste de Ecuador. Cyanocorax violaceus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax, propia de América do Sur, que se encontra en Bolivia, o Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, o Perú e Venezuela.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1874 polo ornitólogo belga Bernard du Bus de Gisignies.Cyanocorax violaceus Du Bus de Gisignies, 1847 no GBIF. Consultado o 24 de febreiro de 2022.Cyanocorax violaceus Du Bus de Gisignies, 1847 no BioLib. Consultado o 24 de febreiro de 2022.

Subespecies Na actualidade recoñécense dúas subespecies: Cyanocorax violaceus pallidus Zimmer & Phelps, 1944 Cyanocorax violaceus violaceus Du Bus de Gisignies, 1847

Hábitat e distribución Hábitat O seu hábitat natural son os bosques húmidos das terras baixas tropicais e subtropicais e os bosques antigos degradados.

É principalmente unha ave das terras baixas, aínda que localmente esta pega pode encontrarse a unha altitude de até os 1 350 m.BirdLife International (2016): Cyanocorax violaceus na Lista vermella da UICN. Versión 2021. Consultada o 24 de febreiro de 2022.

Distribución Distribúese polo suroeste e o noroeste da conca amazónica, desde o norte de Bolivia, a través da Amazonia oriental do Perú e Ecuador, a Amazonia colombiana, e a conca do río Orinoco até o norte de Venezuela.

A súa área de distribución está ao leste da cordilleira andina, excepto no norte de Colombia e Venezuela.

Características

Cyanocorax violaceus unha pega de tamaño entre mediano e grande (de 33 a 38 cm de lonxitude e un peso duns 262 g) lixeiramente cristada, con plumaxe violeta azulada mate e co rostro e a gorxa máis escuras.

A cabeza, a garganta e a parte superior do peito son de cor negra. Presenta unha banda nucal de cor branca leitosa, que se intensifica a azul violeta opaca no resto da plumaxe. As partes inferiores son máis pálidas e tinxidas de tons agrisados.

A subespecie violaceus (do sueste do Perú e o norte de Bolivia) é máis de cor máis apagada, e a caluga non é máis pálida que o lombo. No leste de Colombia e no sur de Venezuela, a subespecie pallidius distínguese polo seu iris pálido, as súas cobertoiras brancas baixo a cola e a punta da cola, a caluga máis pálida e a crista frontal curta.

Comportamento Cyanocorax violaceus é unha especie omnívora, consumindo principalmente froitas, insectos e ovos de aves e réptiles, e incluso pequenos lagartos.

Pouco se sabe do seu ciclo vital. En Venezuela aliméntase principalmente no dosel medio e superior (máis de 18 m) nunha selva tropical perenne. Buscan as súas presas saltando coas patas, e forraxean en bandadas nas copas das árbores do bosque, e raramente permanecen moito tempo nun só lugar. Estas bandadas adoitan seren ruidosas pero, como outras pegas, Cyanocorax violaceus pode ser tranquila e discreta ás veces. Sábese que adoitan escorrentar potenciais depredadores.

Reunidos en grupos de diferentes tamaños, desprázanse polos bosques húmidos, secos, secundarios, de galería e en áreas abertas con árbores illadas.

O seu canto é un pao, iao, comezando en ton baixo e logo subindo e baixando bruscamente.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo Josep, Jordi Sargatal i Vicens & Andrew Elliott, eds. (1994) : Handbook of the Birds of the World. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. and Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7629-3.

Outros artigos Córvidos Cyanocorax

Ligazons externas Violaceous Jay videos en Internet Bird Collection Photo-Medium Res; Article photobirder–"Corvidae:Crows and Allies"

Categoría:Córvidos Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1874