Elmer Samuel Imes, nado en Memphis (Tennessee) o 12 de outubro de 1883 e finado en Manhattan (Nova York) o 11 de setembro de 1941, foi un físico estadounidense de orixe afroamericana.

Graduado na Universidade de Míchigan en 1918, foi o segundo físico desa orixe en graduarse nas universidades dos EEUU (O primeiro foi Edward Alexander Bouchet, no 1876).

Traxectoria

Mellorou os sistemas espectroscópicos, acadando definicións espectrais moito máis precisas que as dispoñibles con anterioridade, e descubrindo así a aplicabilidade dos cuantos a transicións enerxéticas diferentes das do electrón na órbita atómica. Notas

Categoría:Físicos cuánticos Categoría:Nados en Memphis, Tennessee Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Personalidades sen imaxes