Modern Love é unha serie de televisión antolóxica desenvolvida por John Carney. Está baseada na columna semanal homónima publicada en The New York Times, e estreouse a través de Amazon Prime Video o 18 de outubro de 2019. Os episodios varían de 29 a 35 minutos de duración. En outubro de 2019, a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou o 13 de agosto de 2021.

Sinopse Modern Love explora "o amor nas súas múltiples formas, incluíndo o amor sexual, romántico, familiar, platónico e propio", que se presentan en oito episodios de media hora en cada tempada. A serie de Amazon, baseada na columna homónima do New York Times, adapta diferentes historias de amor que acontecen na cidade de Nova York.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América