Margarita de Savoia, nada en Morges, Savoia, o 7 de agosto de 1420 e finada en Stuttgart o 30 de setembro de 1479, foi unha infanta de Savoia e raíña consorte de Nápoles (1432 - 1434).
Traxectoria
Era filla do duque Amadeu VIII de Savoia, e futuro antipapa Félix V, e da súa esposa María de Borgoña. Era neta por liña paterna do conde Amadeu VII de Savoia e Bonna de Berry, e por liña materna de Filipe II de Borgoña e Margarida III de Flandres. Era irmá do duque Lois I de Savoia.
Casou en Thonon-les-Bains en agosto de 1432 co duque Lois III de Anjou, conde da Provenza e rei de Nápoles. Non tiveron fillos desta unión.
Casou, nun segundo matrimonio, en Heidelberg o 18 de outubro de 1444 co príncipe Lois IV de Pfalz. Desta unión naceu un fillo: o príncipe Filipe de Ffalz (1448 - 1508).
Casou, nun terceiro matrimonio, en Stuttgart o 9 de xullo de 1453 co conde Ulrico V de Württemberg Desta unión naceron:
a infanta Helena de Württemburg (1453 - 1506). a infanta Margarida de Württemburg (c. 1454 - 1470). a infanta Filipa de Württemburg (c. 1454 - 1475).
Margaret morreu en Stuttgart en 1479 e foi enterrada alí.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Condes da Provenza Categoría:Condes de Anjou Categoría:Reis de Nápoles Categoría:Casa de Savoia Categoría:Nados en 1420 Categoría:Nados no cantón de Vaud Categoría:Finados en 1479