José Luis Diestro Sáiz, nado en Santander o 19 de marzo de 1919 e finado o 17 de xuño de 1997, foi un futbolista e adestrador español. Xogaba como defensa e militou durante case toda a súa carreira como xogador no Real Oviedo, co que disputou 257 partidos oficiais.José Luis Diestro
Traxectoria Debutou na Primeira División co Racing de Santander, na primeira xornada da tempada 1939/40, fronte ao Hércules. En 1942 fichou polo Oviedo, club no que militou durante as seguintes 12 tempadas, 10 delas na máxima categoría. Xogou un total de 257 partidos oficiais co club asturiano, sendo no momento da súa retirada un dos futbolistas con máis partidos da historia do club.
Posteriormente foi adestrador e dirixiu entre outros clubs o propio Oviedo, na Primeira División en 1965. Volveu adestrar o club ovetense na tempada 1978/79, logrando o ascenso a Segunda División.
Palmarés Real Oviedo Segunda División (1): 1951/52.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador en BDFutbol . Datos do adestrador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Santander Categoría:Finados en 1997 Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Real Avilés Categoría:Adestradores do Real Oviedo Categoría:Adestradores do CD Lugo