A Universidade de Kingston (anteriormente Kingston University London) é unha universidade pública situada en Kingston upon Thames, Londres, Reino Unido. Foi fundada en 1899, porén, só se converteu en universidade en 1992 despois de ser o Kingston Polytechnic.

Historia Kingston foi fundada como Kingston Technical Institute en 1899. En 1930, a Kingston School of Art separouse, para converterse máis tarde en Kingston College of Art. Kingston foi recoñecido como Colexio Rexional de Tecnoloxía polo Ministerio de Educación en 1957. En 1970, fusionouse co College of Art para converterse en Kingston Polytechnic, ofrecendo 34 títulos de licenciatura, dos cales 17 eran graos académicos. En 1975, Kingston fusionouse co Gipsy Hill College of Education, fundado en 1917, incorporando o colexio ao College in Kingston Division of Educational Studies.

A Universidade de Kingston gañou o status universitario a través da Lei de Educación Superior de 1992. En 1993, Kingston abriu o campus de Roehampton Vale e en 1995, Kingston adquiriu o museo Dorich House.

Campus

Penrhyn Road Este é o campus universitario principal situado preto do centro do municipio de Kingston. Ademais de equipamentos docentes, conta con biblioteca, centro de saúde e comedor. Alberga cursos de grao en Artes e Ciencias Sociais, Enxeñaría Civil, Topografía e Planificación, Informática e Sistemas de Información e Matemáticas, Ciencias da Terra e Xeografía, Estatística, Biociencias, Farmacia, Química e Ciencias Farmacéuticas e Radiografía. Ao outro lado da rúa está o Reg Bailey Theatre cunha zona escénica utilizada por estudantes de teatro e danza.

Kingston Hill miniatura|Campus Kingston Hill Cos seus propios salóns e numerosos aparcadoiros (incluído o aparcadoiro de sete pisos) Kingston Hill atende principalmente a cursos de Enfermería, Dereito, Educación, Negocios, Música, Saúde e Ciencias Sociais. Antes de 1989 o campus era coñecido como Gipsy Hill.

Knights Park miniatura|Knights Park campus O campus está situado en Grange Road, preto de Penrhyn Road, alberga a Facultade de Arte, Deseño e Arquitectura e ofrece cursos de grao en Arquitectura, Historia da Arte e Deseño, Deseño de interiores, Deseño de produtos e mobles, Deseño Gráfico, Produción de películas, Fotografía, Ilustración e Animación, Belas Artes e Moda.

Roehampton Vale O campus de Roehampton Vale está situado na avenida Friars, nos arredores de Kingston. Abarca a maioría dos cursos de Enxeñaría (excepto Enxeñaría Civil). As instalacións do lugar inclúen un túnel de vento, talleres de enxeñería, simulador de voo, capacidade para voar o avión de negocios Learjet-200, así como recursos de aprendizaxe de automoción e aeronáutica.

Facultades A Universidade de Kingston é dividida en cinco facultades:

Facultade de Arte, Deseño e Arquitectura Facultade de Letras e Ciencias Sociais Facultade de Dereito e Empresariais Facultade de Sanidade, Asistencia Social e Educación Facultade de Ciencias, Enxeñaría e Informática

Exalumnos notábeis

Eric Clapton, guitarrista de rock, cantante e compositor Aphex Twin, músico de música electrónica David Chipperfield, arquitecto Sandy Denny, cantante folk Ben Barnes, actor Gail Emms, xogadora de bádminton, medallista de prata e ouro nos Xogos da Commonwealth Jessie Cave, actriz Tom Wright, arquitecto Ed McKeever, campión mundial de caiac e medallista de ouro olímpico Keith Relf, cantante de The Yardbirds Ian MacDonald, "Preface to the First Revised Edition." In MacDonald, Revolution in the Head (London: Vintage, 2005), p. xix.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas sitio web oficial Kingston University Student Union Sitio web de noticias para estudantes da Universidade de Kingston

Categoría:Universidade de Kingston