Youssou Madjiguène Ndour,Xalima, Youssou « Madjiguéne » devenu l’ennemi des hommes sénégalais... (28 de novembro de 2019) nado en DakarSturman, Janet, The SAGE International Encyclopedia of Music and Culture, SAGE Publications (2019), p. 1926, . Consultado o 13 de xullo de 2019 o 1 de outubro de 1959, é un cantante, músico, actor, empresario e político senegalés. En 2004, a revista Rolling Stone describiuno como "quizais o cantante vivo máis famoso" no Senegal e en gran parte de África.Considine, J. D., and Matos, Michaelangelo, "Biography: Youssou N'Dour" RollingStone.com, 2004.
Traxectoria Etnicamente,Na rexión de Senegambia, igual que en moitas culturas africanas, a etnia dunha persoa determínase pola ascendencia ou o apelido paterno. N'Dour e as súas variantes Ndure ou Ndour é un apelido tipicamente serer. Véxase Mwakikagile, Godfrey, The Gambia and Its People: Ethnic Identities and Cultural Integration in Africa, New Africa Press (2010), p. 136, 141. N'Dour é serer, nado dun pai serer e unha nai toucouleur. Porén, culturalmente, N'Dour é wólof.
Youssou N'Dour comezou a actuar dende moi novo, con tan só doce anos de idade, logrando facerse popular en pouco tempo. O seu punto de partida foi o mbalax, música popular do país, xurdida como unha mestura do estilo dos tradicionais griot, ou narradores de contos, cos ritmos afrocubanos traídos co regreso dos caribeños a África Occidental entre anos 40 e 60. A mediados dos anos 1970 esta fusión remesturouse con ritmos de danzas senegalesas, solos de saxofón, guitarras, percusións marcadas e cánticos relixiosos sufís musulmáns. Ademais, os músicos novos senegaleses recibiron as influencias do jazz e do rock norteamericanos, con músicos como Jimi Hendrix, James Brown ou o mexicano Carlos Santana. Todo se uniu nun Dakar cosmopolita, que á súa vez trataba de descubrir a súa herdanza musical con trobadores tradicionais ou cantantes. Neste ambiente, o mbalax atopou un baluarte en Youssou N'Dour.
Aos quince anos, N'Dour uniuse a Super Diamono e en 1975 foi de xira co grupo por África Occidental.Hardy, Phil, The Da Capo Companion to 20th-century Popular Music, Da Capo Press (1995), p. 682, Appiah, Anthony, Gates, Henry Louis, Encyclopedia of Africa, Volume 1, Oxford University Press (2010), p. 562, En 1976 asinou un contrato para cantar coa Star Band de Ibra Kasse no club Kasse's Miami de Dakar, onde se converteu nunha sensación. En 1978, N'Dour e outros membro do grupo deixárono para formar Étoile de Dakar, unha banda que fixo importantes contribucións ao mbalax.Hudson, Mark, essay in liner notes of "Once Upon a Time in Senegal", Etoile de Dakar, Sterns Music 2010, p. 14 Aínda que se converteron rapidamente nun grupos máis populares da cidade, a banda durou pouco por problemas internos.
Comprometido social e politicamente, en 1985 organizou un concerto pola liberación do líder surafricano Nelson Mandela e en 1988 actuou na xira mundial de Amnistía Internacional Human Rights Now! Tour. Tamén traballou para a ONU e UNICEF e participou no Proxecto Joko para instalar Internet no Senegal.
Co paso dos anos, N'Dour converteuse nun dos músicos africanos máis coñecidos, colaborando con estrelas da múisca pop occidental como Peter Gabriel, Sting, Wyclef Jean, Paul Simon, Bruce Springsteen, Neneh Cherry ou Tracy Chapman e africanos como Manu Dibango. En 1994, N'Dour estreou o seu maior éxito, a canción trilingüe "7 Seconds", dúo con Neneh Cherry. En 1998 escribiu e interpretou xunto coa cantautora belga Axelle Red a canción "Le Cour des Grands", himno da Copa Mundial de Fútbol dese ano.
O 16 de outubro de 2000, N'Dour foi nomeado Embaixador de Boa Vontade da FAO.
En 2002 gañou un Premio Príncipe Claus e en 2005 recibiu un Premio Grammy polo seu álbum Egypt. En maio de 2013 foi galardoado co premio musical Polar da música.
A principios de 2012 anunciou plans para presentarse como candidato na elección presidencial do Senegal, competindo contra o presidente Abdoulaye Wade. Non obstante, foi descualificado por dúbidas sobre a lexitimidade das sinaturas que achegara. N'Dour adheriuse ao candidato da oposición Macky Sall, que derrotou a Wade na segunda rolda en marzo de 2012. N'Dour foi nomeado ministro de Cultura e Turismo en abril de 2012 como parte do goberno do novo primeiro ministro Abdoul Mbaye. Foi apartado do posto o 2 de setembro de 2013 co nomeamento do goberno do primeiro ministro Aminata Touré."Sénégal : un nouveau gouvernement formé, sans le chanteur Youssou Ndour" , Agence France-Presse, 2 de setembro de 2013 N'Dour foi entón nomeado conselleiro especial do presidente con rango de ministro,"C’est officiel : Youssou N'dour nommé Conseiller spécial, avec rang de ministre", Dakaractu, 9 de setembro de 2013 . coa misión de promover o país no estranxeiro.Benjamin Roger, "Yasmina Khadra, Youssou N’Dour, George Weah… Ces personnalités qui rêvaient d’être président", Jeune Afrique, 8 de novembro de 2013 .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Jololi Compañía discográfica de N'Dour Artigo de Dan Rosenberg en World Music Legends Senegal Superstar Wins Grammy for 'Egypt' Youssou N'Dour en African Music Encyclopedia Biografía en AfroWeb Youssou N'Dour, 'Egypt' and Islam Discografía en TMP Music Youssou N'Dour. La voz del sufrimiento de África Entrevista en El País Semanal, 8 de xullo de 2007
Categoría:Nados en Dakar Categoría:Nados en 1959 Categoría:Cantantes do Senegal Categoría:Políticos do Senegal Categoría:Cantantes en lingua francesa Categoría:Cantantes en lingua inglesa Categoría:Cantantes en lingua wólof