miniatura|Localización do óblast de Zakarpatia miniatura|Raions da óblast miniatura|Bandeira miniatura|Escudo A óblast de Zakarpatia ou Transcarpatia, (, Zakarpats'ka oblast) é unha óblast do suroeste de Ucraína.
A súa capital é Úzhgorod (en ucraíno, Uzhhorod). Outras cidades importantes son Mukácheve e Chop.
Xeografía Limita ao norte coa óblast de Leópolis, ao leste coa óblast de Ivano-Frankivsk, ao sur con Romenia, ao suroeste con Hungría, ao oeste con Eslovaquia e ao noroeste con Polonia.
Poboación Aínda que os ucraínos son maioritarios, tamén hai importantes poboacións de húngaros (12,1 % da poboación, maioritarios nas zonas fronteirizas), rusinos, romaneses, eslovacos e xitanos.
Principais cidades As maiores cidades da óblast son:
Uzhhorod Mukachevo Just Berehove Vynohradiv Svaliava Rajiv Tiachiv Mizhhiria Irshava Velykyy Bychkiv Solotvyno Dubove Velyki Luchky Chop Ilnytsia Bushtyno
Economía A súa economía está baseada na exportación de viño e madeira cos países veciños.
Historia Entre o século X e o ano 1918 Transcarpatia foi parte do reino de Hungría tras a súa invasión, posteriormente pasou a Checoslovaquia. A rexión foi independente brevemente durante a primavera de 1939 declarando a súa independencia como "Ucraína dos Cárpatos", antes de ser ocupada por Hungría até a segunda guerra mundial, cando se incorporou á Unión Soviética dentro da República Socialista Soviética de Ucraína.
Sinonimia Outros nomes cos que se coñece a Zakarpatia son Zakarpatya, Transcarpacia, Transcarpatia ou Rutenia subcarpática. Noutras linguas a óblast é coñecida como: Eslovaco: Podkarpatská Rus Húngaro: Kárpátontúli terület, Kárpátalja Romanés: Regiunea Subcarpația pronunciado [red͡ʒiˈune̯a subkarˈpat͡si.a] Rusino: Подкарпатьска област, transliterado Podkarpat’ska oblast Ruso: Закарпатская область, translititerado Zakarpatskaya oblast''.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Rutenia subcarpática
Zakarpatia