Lepidurus arcticus é unha especie de crustáceo da clase dos branquiópodos, orde dos notostráceos, e familia dos triópsidos, unha das 12 integradas no xénero Lepidurus.Lepidurus arcticus (Pallas, 1793) no WoRMS. Consultado o 5 de marzo de 2022.Lepidurus arcticus (Pallas, 1793) no GBIF. Consultado o 5 de marzo de 2022.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1793 polo médico, zoólogo e botánico alemán que traballou en Rusia, baixo o nome de Monoculus arcticus.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Lepidurus.
O epíteto específico, arcticus fai referencia á súa distribución.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Lepidurus glacialis Packard, 1883 Lepidurus spitzbergensis Bernard, 1892 Lepidurus ussuriensis Sidorov, 1927 Monoculus arcticus Pallas, 1793 (protónimo)
Distribución e características Lepidurus arcticus habita en pozas efémeras, lagoas ou lagos permanentes de auga doce de Finlandia,Lakka, Hanna-Kaisa (2020): Environmental Change in Arctic Freshwaters: The Response of Indicator Species to Global Warming and Acidification in the Arctic. Universidade de Jyväskylä. ISBN 978-9-5139-8326-0, p. 51.Järvinen, A.; Lakka, H.-K. & Sujala, M. (2014): "Arktinen Kilpikidusjalkainen, tunturivesien elävä fossiili, löydetty jälleen Suomesta. Luonnon Tutkija 1: 19–24.Lakka, H.-K.; Leppänen, A.; Mykrä, H.; Vaajala, M.; Raineva, S.; Lensu, T. & Salonen, E. (2019): "Paljakkakilpiäinen siian ravintona Inarijärvessä". Luonnon Tutkija 2: 66–70. Noruega, Suecia, Qvenild, T.; Fjeld, E.; Fjellheim, A.; Hammar, J.; Hesthagen, T. & Lakka, H.-K. (2010): "Upper thermal threshold of Lepidurus arcticus (Branchiopoda, Notostraca) in lakes on the southern outreach of its distribution range". Fauna Norvegica 41: 50–88. Svalbard,Lakka, Hanna-Kaisa (2015): "Description of the male Lepidurus arcticus (Branchiopoda: Notostraca) and the potential role of cannibalism in defining male form and population sex ratio". Journal of Crustacean Biology 35 (3): 319–329. Groenlandia, Islandia, norte de Rusia e as Illas Kuriles.Schlager, Neil et al. (2004): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Farmington Hills, Michigan: Gale. ISBN 0-7876-5362-4.Chip Hannum: Species Descriptions en "MyTriops". Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2011. Consultado o 5 de marzo de 2022.
A diferenza doutras especies de notostráceos, sábese que Lepidurus arcticus coexiste con peixes, como Salvelinus alpinus, Salmo trutta, e Coregonus lavaretus.
Ademais, pode vivir a temperaturas da auga moito máis frías (4–7 °C) que as outras especies da súa orde.
É un depredador común de Daphnia pulex.Kirsten Christoffersen (2001): "Predation on Daphnia pulex by Lepidurus arcticus". Hydrobiologia 442 (1–3): 223–229.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Braquiópodos Notostráceos Lepidurus
Categoría:Crustáceos de Europa Categoría:Crustáceos de Asia