Juan Manuel Saborido Rama, "Moma", nado en Lira (Carnota) o 12 de maio de 1965, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Operario dunha empresa de cultivo de rodaballo. Foi membro das Xuventudes Socialistas de Galicia e formou parte de tódalas candidaturas do PSdeG-PSOE en Carnota dendas eleccións municipais de 1999, sendo concelleiro dende 2003 ata 2015. Ocupou responsabilidades de goberno no bipartito de nacionalistas e socialistas ata 2007 e, posteriormente, de oposición ao PPdeG e logo ó BNG.
Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía e gañou con maioría simple, sendo elixido alcalde (o primeiro socialista de Carnota) e gobernando en minoría. É membro do Comité Nacional do PSdeG dende decembro de 2021. Nas municipais de 2023 foi reelixido alcalde con maioría absoluta.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Carnota
Ligazóns externas Manuel Saborido liderará la lista del PSOE de Carnota en las municipales en La Voz de Galicia. Entrevista en La Voz de Galicia. Saborido se convierte en el primer alcalde socialista de Carnota en La Voz de Galicia.
Categoría:Alcaldes de Carnota Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes