The Beatles: Get Back é un filme documental de 2021 dirixida e producida por Peter Jackson. O filme recolle a creación do álbum Let It Be (1970) de The Beatles (que tiña o título provisional de Get Back) e baséase en gran parte en imaxes non utilizadas e material de son capturado orixinalmente para o documental de 1970 do álbum realizado por Michael Lindsay-Hogg. O documental ten unha duración total de case oito horas, que consta e tres partes de entre dúas e tres horas, cada unha cubrindo períodos aproximadamente semanais de 21 días de traballo no estudio.

Foi coproducido por Paul McCartney, Ringo Starr, Yoko Ono e Olivia Harrison, e foi presentado por Walt Disney Studios en asociación con Apple Corps e WingNut Films. Estreouse en tres días consecutivos a través de Disney+, sendo o primeiro deles o 25 de novembro de 2021. Unha parte del, titulada The Beatles: Get Back – The Rooftop Concert, estreouse nos cinemas IMAX en varias cidades dos Estados Unidos o 20 de xaneiro de 2022. Estreouse internacionalmente entre o 11 e o 13 de febreiro de 2022.

Jackson caracterizou a miniserie como "un documental sobre un documental". Get Back recibiu aclamación da crítica pola súa cobertura do proceso creativo do grupo, aínda que os detractores criticaron a duración relativamente longa. Os comentaristas describírono como un desafío ás vellas crenza de que a realización do álbum "Let It Be" estivo marcada enteiramente polas tensións entre os Beatles, mostrando en troques un lado máis optimista da súa produción.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes dirixidos por Peter Jackson Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de WingNut Films Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX