Bjarni Valdimar Tryggvason, nado en Reiquiavik (Islandia) o 21 de setembro de 1945 e finado o 5 de abril de 2022, foi un astronauta canadense que formou parte da misión STS-85.
Traxectoria Tryggvason graduouse en enxeñaría física na Universidade da Columbia Británica en 1972. Traballou como posgraduado en enxeñaría con especialización en matemáticas aplicadas e física de fluídos na Universidade do Oeste de Ontario. Foi elixido como astronauta da Axencia Espacial Canadense en decembro de 1983, participando na misión STS-85 e pasando 11,85 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-85
Categoría:Astronautas do Canadá Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Reiquiavik