Manuel Ángel Leis Míguez, nado en Liñaio (Negreira) en 1977, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Transportista de butano, é presidente da Asociación de Veciños da parroquia de Liñaio. É concelleiro en Negreira polo PSdeG-PSOE dende as eleccións municipais de 2007, nas cales gañaron os socialistas, e ocupouse das áreas de deportes e participación cidadá, ata a dimisión do alcalde Juan García Fuentes en setembro de 2009, e posteriormente obras xa con Jorge Tuñas Caamaño de alcalde. Volveu ser concelleiro tralas municipais de 2011 nas que volveu gaña-lo PSdeG, pero situouse na oposición debido a un pacto entre o PPdeG e o exalcalde José Blanco Pazos. Volveu ser concelleiro tralas municipais de 2015 nas que tras unha nova vitoria electoral os socialistas recuperaron o goberno, e fíxose cargo das áreas de obras, urbanismo, parques e xardíns, novamente con Jorge Tuñas Caamaño de alcalde.

En abril de 2017 Tuñas dimitiu como consecuencia dun xuízo, ante o cal asume a alcaldía ata novembro dese mesmo ano, cando Tuñas, unha vez absolto, regresa ó posto. De cara ás municipais de 2019 foi o candidato socialista á alcaldía, trala retirada definitiva de Tuñas, e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi reelixido alcalde co apoio do BNG. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Negreira

Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes