José María Monteagudo Romaní, nado en 1917 e finado en Esteiro (Muros) o 24 de xaneiro de 2009, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado. Foi nomeado mestre do Pósito de Esteiro en xaneiro de 1943,La Voz de Galicia, 12-1-1943, p. 7. e oficial-mestre da escola de Valadares (Outes) en febreiro dese ano.La Voz de Galicia, 17-2-1943, p. 3. Foi nomeado alcalde de Muros, tomando posesión o 27 de xullo de 1954, e foi cesado o 6 de maio de 1960.A prensa de 1960: Toma de posesión da Alcaldía de Muros do Dr. D. Fernando Rey Hermida e homenaxe ao anterior alcalde, Don José María Monteagudo Romaní” Volveu ser nomeado alcalde de Muros en 1968.La Voz de Galicia, 28-7-1968, p. 7. Foi elixido deputado provincial polo distrito de Muros en 1971.La Voz de Galicia, 2-4-1971, p. 10. Finou en Esteiro o 24 de xaneiro de 2009 aos 91 anos.La Voz de Galicia, 25-1-2009, p. 56.

Recoñecementos O Colexio Provincial de Avogados da Coruña outorgoulle a insignia de ouro en 2003.La Voz de Galicia, Barbanza, 9-11-2003, p. 9.

Vida persoal

Casou con Josefina Romero Tobío e foi pai de Josefa, María Teresa, María Gloria, Xoaquín, Ramón, Carme, Henrique, Rosa, Gabriel, María Inés e María Monteagudo Romero. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Muros Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1917

Categoría:Finados en 2008

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes