miniatura|300px|A figueira do Meco A Lenda do Meco recolle unha vella lenda popular na que os veciños do Grove enforcaron a un crego, fartos dos abusos sexuais que protagonizara, e declaráronse culpables colectivamente, todos a un, ante a xustiza. O feito deu lugar ó xentilicio popular que reciben os grovenses como mecos.
Aparece documentada por vez primeira da man de frei Martín Sarmiento, que a cita na súa Viaje a Galicia, de 1745, como un sucedido uns oitenta anos antes da súa viaxe.
miniatura|page=242|Obras en prosa y verso del cura de Fruime, tomo I, 1778. Tamén recolleu a lenda o Cura de Fruíme, Diego Antonio Cernadas Castro (1702-1777). Conta nun poema que:
A tradición A lenda conta que houbo un personaxe que, maioritariamente, se identifica cun seminarista ou crego castelán,Para outros, un nobre, pero pode que ámbalas cousas. ou ben un médico,Profesión da que lle viría o alcume. De feito, meco, co significado de médico, corre polo sur de Ourense, tal como o recolleu Elixio Rivas Quintas na Gudiña e nos Blancos (Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos Editora, 1988). chamado Juan de la Meca, que practicaba de feito un dereito de pernada sobre as mulleres do Grove, polas boas ou polas malas, ata que os veciños decidiron acabar con esta situación.
Unha delas enganou ó crego facéndolle crer que accedería ás súas demandas no alto do monte Siradella, pero cando este chegou alí saíronlle ó encontro unha chea de xente, que o prenderon e enforcaron dunha figueira que alí crecía. Tamén se di que o fixeron só as mulleres, como indica Lois Carré; e o propio Sarmiento di nun sitio que foron elas e noutro que foron os homes.
Outra versión conta que o Meco quixo abusar dunha moza casada que chegara hai pouco á vila. Raptouna e levouna ata a Siradella para xacer con ela. Decatándose o home polos veciños que viron o que pasara, subiu ó monte e colgou ó Meco da figueira. miniatura|Martín Sarmiento Outra versión da lenda di que o personaxe gustaba de xogar ás cartas xactándose das súas conquistas. Coincidiu que un compañeiro de xogueta, que ía casar dous días despois, gañaba partida tras partida ata que o Meco, alporizado, díxolle que xa se alegraría el ó día seguinte coa moza do outro. O mozo respondeu rompéndolle unha xerra de viño na cabeza, ou un tallo segundo outros, matándoo no acto. Nese estado, os veciños subírono á Siradella e colgárono da figueira.
Unha cuarta versión conta que foron os veciños de San Vicente do Grove os que mallaron ata a morte a un mandado do señor feudal que viña a cobrarlles unhas rendas excesivas.
Como era de supor, os representantes da xustiza foron investigar os feitos coa intención de castigar ó culpable do crime, pero cando preguntaban ós veciños e posibles testemuñas quen matara ó Meco, a única resposta que puideron obter foi a de "Matámolo todos!". Finalmente, a xustiza tivo que desistir nas pescudas e renunciar a atopar a quen culpar dos feitos.
Como fose que os figos da devandita figueira tomaron desde entón unha cor avermellada, a tradición explicouno como que estaban tinguidos co sangue do Meco.
Frei Martín Sarmiento
Sarmiento recolleu a lenda, atribuíndo o protagonismo a un crego natural da localidade de Meco (en Madrid). Pero tamén se di que viría doutro Meco, este de Almería ou, segundo Carré, procedía de Salamanca. Segundo parece, era escarnio común no século XVII preguntarlle ós galegos se eran fillos do Meco e se xa llo tiñan perdoado, pero tamén se aplicaba a mesma burla ós portugueses da beira do Miño,É dicir, se perdoando ó Meco implicaba que aceptaran a infidelidade da muller. De feito, existe unha novela picaresca: La vida y hechos de Estebanillo González (1646) na que a protagonista, nada en Salvaterra de Miño, se refire á nai dicíndolle: "Y cuando tuviere tan mal capricho y tan hecha la cara al desaire, que me bostezara de su gruta oscura a ser, con perdón, gallego, y a que perdonara a Meco como todos sus pasados" (Gran Enciclopedia Galega). e así decidiu investigar sobre o caso para "tapar la boca y retrucar a los polainudos páparos (pailáns) y aún a los pelucones (cortesáns) idiotas que chasquean a los gallegos sin saber lo que dicen":
Se ben engade que xa lera e escoitara a mesma historia en Andalucía e en Portugal, e que un autor portugués describe os mesmos feitos situándoos en Boloña (Italia), en 1244, ou no Ponto Euxino (Mar Negro), en 1258, aínda que si que semella máis probable que todo ocorrese en Portugal. Insiste nas súas dúbidas sobre a veracidade da lenda cando di que a árbore menos apta para enforcar a alguén é unha figueira, e que non ten sentido subir ata a Siradella para facelo "siendo El Grove amenísimo en todo género de árboles". miniatura|page=98|Entrada "meco" no Diccionario gallego-castellano de 1863 de Francisco Javier Rodríguez Gil. En 1757 volve a escribir sobre o tema (Confirmación ...), negando que os feitos recollidos na lenda tiveran lugar en Galicia. Pola contra, trataríase dunha superstición de orixe musulmá baseada na crenza de que os mouros que peregrinaran á Meca (de aí o de mecos, que viría significar mouros, do mesmo xeito que romeiro é o que peregrina a Roma) podían logo cometer adulterio sen que significase pecado, pois quedaban santificados. En todo caso, engadía que "será preciso confesar que hubo tantos mecos como provincias o lugares", de xeito que non se podería responsabilizar ós galegos de semellantes comportamentos. Tamén é certo que tódalas versións da lenda coinciden en que o personaxe non era galego.
A posible orixe portuguesa do Meco tamén pode basearse no consello que dan os pais ós fillos, recollido por Rafael Bluteau no norte de Portugal: "Nâo perdoen ao Meco, porque ele cornudou aos nossos paes".
O Vocabulario portuguez e latino de Bluteau (1716) dá a meco o significado de luxurioso e disoluto. Explica que ós Miñotos (relativo ó Miño portugués, ás súas ribeiras ou os seus habitantes) se lles preguntaba se perdoaran ó Meco, e estes facían a mesma pregunta ós galegos da beira norte do Miño, porque "o caso é que un miñoto, estando en Galicia, quitoulles a moitas doncelas a honra, e púxolles a moitos casados os cornos, polo que os galegos quedaron moi sentidos e rabiosos, e este foi alcumado o Meco".Gran Enciclopedia Galega. O mesmo Bluteau, nun suplemento ó dicionario, amplía a información asegurando que se trataba dun médico da provincia de Braga que cometeu adulterio, sen que o marido chegase a perdoalo, e de aí meco por médico. Igualmente, na freguesía de Rates, Póvoa de Varzim, non din nunca que perdoen ó Meco, o que indica que este fixera unha acción que merece un castigo perpetuo.
Sarmiento tamén recolle esta pregunta retranqueira dirixida polos portugueses do sur ós seus compatriotas das provincias do norte.
Murguía (Galicia, 1888) recolle a lenda: "Coñecida é de todos a burla que fóra do país se fai dos seus fillos, aos que se refiren e aplican o conto do Meco, que aquí apoñemos aos habitantes do Grove "Conocida es de todos la burla que fuera del país se hace de sus hijos, a los cuales refieren e aplican el lance del Meco, lance que aquí adjudicamos a los habitantes del Grove".. Pero engade que a lenda tamén corre en Francia, onde nomeaban ó protagonista como Mechi, Meuchi ou Machi: neste caso era un quincalleiro que apareceu morto nun camiño. Con estes datos, Murguía rexeita a relación da Lenda do Meco con mouros e Mahoma.
E Carré Aldao cita un dito popular que semella común que di que A este non lle salva ou non lle ha de valer nen a bula do Meco, o que indicaría que o tal Meco tería grande indulxencia para toda clase de excesos.
A Lenda do Meco en tempos recentes
En 1898, o entón ministro Eugenio Montero Ríos referiuse á lenda para explicar que a perda de Cuba e o desastre do 98 non fora só unha responsabilidade do seu goberno senón de tódolos partidos do momento, exclamando no Congreso que:
En 1930 Aínda que non se publicaría ata 1982., o grovense Francisco Franco Calvete, ordenanza de Correos, escribiu unha pequena obra de teatro ou zarzuela co título de "O señor feudal ou ¿Quen matou o Meco?" Cómpre lembrar o antecedente de Lope de Vega, que en 1619 escribira Fuenteovejuna, baseándose en feitos semellantes acontecidos na localidade de Fuente Obejuna (Provincia de Córdoba), en 1476, en tempos dos Reis Católicos.. Narra os amores imposibles entre Marirrosa e Xoán Manoel por culpa de don Juan de la Meca, a quen ó final matan entre tódolos veciños para recuperar a liberdade.miniatura|O cartafol de Luís Seoane O Meco, en edición fotorreproducida e reducida, a unha sola tinta, conmemorativa do primeiro cabodano do pasamento do seu autor, coincidente co homenaxe que o axuntamento lle tributa nestas datas no Grove, 1980. Xa ó pouco de escribirse o drama comezou a falarse dunha maldición do Meco, pois se foron producindo diferentes desgrazas e mortes. Poucos días antes da estrea da obra morreu unha tía dos dous protagonistas. Adiouse a estrea e tamén, uns días antes da nova data morreu o autor, o propio Franco Calvete, con só 28 anos. O irmán conseguiu que os actores aceptaran unha terceira data, pero morreu outro actor. Por fin, a obra estréase en marzo de 1931, pero en 1932 morreu o irmán do autor, Emilio Franco. En 1948, García Moldes decidiu repoñer de novo o drama, pero caeu un raio sobre o local onde facían os ensaios. En todo caso, a obra representouse. Pero houbo un erro no cartel que anunciaba o acto, e en lugar de escribir 5 e 6 de marzo, púxose o 5 e 6 de maio. Pois ben, o 6 de maio, García Moldes morreu dun disparo a escasos metros de onde se supón que estaba a taberna na que aquel mozo matara ó Meco. Todas estas desgrazas se quixeron explicar polo feito de que o Meco, por morrer enforcado, era unha ánima que nunca poderá atopar sosego.
Tamén en 1948 publicouse un xornal no Grove baixo a cabeceira O' Meco, dirixido por Manuel Lueiro Rey (que asina o editorial baixo o pseudónimo de Gudea), para desenvolver aspectos do personaxe e da obra teatral de Franco Calvete. Publicouse só un número, con catro páxinas, e semella que estivo pensado máis que nada para dar publicidade a reposición do devandito drama.Xesús Alonso Montero, en Gran Enciclopedia Galega, s.v. Meco, O.
En 1963, Luís Seoane publicou un cartafol con cen gravados a dúas tintas de distintos momentos da historia do Meco (a chegada do Meco a Galicia, contacto coas mulleres, levantamento dos veciños, persecución do Meco e aforcamento deste). Editáronse cen exemplares e con el inaugurouse a editorial Ediciós do Castro. En 1980, o concello do Grove publicou unha reprodución reducida de once gravados.
Igualmente, o mesmo ano, Seoane pintou un óleo baixo o título de O MecoDe 175x206 cm, exposto no Museo Carlos Maside, de Sada (Antón Castro e outros: 100 obras mestras da Arte Galega, Nigra Arte 1996, 204-205). que reflicte o momento en que un grupo de cinco veciños do Grove alzan as súas fouces contra o Meco.Imaxe do cadro no sitio web da Fundación Luis Seoane.
Outras acepcións A lenda do Meco está detrás do significado que lle dá o DRAG a meco como home luxurioso. Nun Sínodo celebrado en Cuéllar (Segovia) en 1325 , ampliábase a explicación do sexto Mandamento, non fornicarás ou non cometerás actos impuros, con estas palabras: "non serás Mecho, que es non farás adulterio", empregando aquí meco como sinónimo de adúltero, fornicador, disoluto (ou mesmo quincalleiro).