Juan Vicente Penabad Muras, nado en Ortigueira o 20 de maio de 1969, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Enxeñeiro forestal de formación, traballou dende 1989 na empresa privada. Nas eleccións municipais de 2011 foi o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ortigueira, conseguindo doblar a representación do partido (de 3 a 6 concelleiros) e quedando a tan só un concelleiro de gañarlle ao PPdeG e consegui-la alcaldía. Nas municipais de 2015 foi de novo candidato socialista e foi elixido alcalde con maioría absoluta, con 7 concelleiros, sendo o primeiro alcalde socialista de Ortigueira en toda a democracia. Nese mandato foi designado deputado provincial. Durante esa lexislatura sufriu unha escisión de 3 concelleiros no seu grupo político que o deixaron en minoría.
Volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE nas municipais de 2019 e volveu gañar, pero perdeu a maioría absoluta (conseguiu 6 concelleiros), conseguindo acceder á alcaldía coa abstención do único concelleiro da formación Primeiro Ortigueira, ao ser o cabeza da lista máis votada e gobernando en minoría. A finais de 2020 dimitiron 3 edís por discrepancias, pero ó renunciar estes ás dúas actas foron cubertas por outros membros da lista. Nas elección locais de 2023 pasou a 4 concelleiros e perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que conseguiu 5.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ortigueira
Ligazóns externas Perfil biográfico na web da Deputación da Coruña Entrevista en La Voz de Galicia El socialista Muras mantendrá la alcaldía por la abstención de Primeiro Ortigueira en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes