Tsikada (índice GRAU 11F643) foi unha serie de satélites de navegación civís da Unión Soviética en primeiro lugar e despois de Rusia.

Características Os satélites Tsikada formaban un sistema de navegación civil usado pola mariña mercante soviética, pola Academia de Ciencias e tamén polo exército. Era o equivalente ao sistema militar Parus e os satélites eran similares. Tiñan forma cilíndrica e estaban presurizados. Estabilizábanse mediante gradente gravitatorio e tiñan unha masa duns 820 kg, transmitindo en VHF a frecuencias de 150 e 400 MHz. Usaban órbitas de 950 x 1005 km de altura e 82,9º de inclinación orbital. O sistema comezou a ser desenvolvido en 1974, cos primeiros satélites lanzados en 1976 e estando plenamente operativo en 1978. Lanzáronse un total de 21 satélites Tsikada, un deles fallado, entre 1976 e 1995 e todos mediante o cosmódromo de Plesetsk usando foguetes Kosmos-3M. Do sistema participaron tamén os satélites de navegación Nadezhda e Nadezhda-M. Tsikada foi substituído gradualmente polo sistema GLONASS.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasTselina-D 1 18 de decembro de 1970 Vostok-2M ÉxitoTsikada 1 15 de decembro de 1976 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 2 8 de xullo de 1977 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 3 29 de novembro de 1977 Kosmos-3M FalloTsikada 4 31 de marzo de 1978 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 5 11 de abril de 1979 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 6 17 de marzo de 1980 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 7 10 de decembro de 1980 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 8 4 de setembro de 1981 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 9 17 de febreiro de 1982 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 10 26 de outubro de 1983 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 11 17 de maio de 1984 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 12 30 de maio de 1985 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 13 23 de xaneiro de 1986 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 14 13 de novembro de 1986 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 15 29 de xaneiro de 1987 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 16 23 de xuño de 1987 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 17 5 de febreiro de 1991 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 18 9 de marzo de 1992 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 19 12 de xaneiro de 1993 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 20 24 de xaneiro de 1995 Kosmos-3M ÉxitoTsikada 21 5 de xullo de 1995 Kosmos-3MÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos-3M Nadezhda

Categoría:Satélites artificiais