miniatura|dereita|Caiac unipersonal O caiac é unha embarcación de orixe esquimó fabricada tradicionalmente con pel de foca e cunha abertura na cuberta que se axusta ao corpo da persoa que a tripula.
Deporte miniatura|dereita|Caiacs no glaciar Upsala. Parque Nacional Los Glaciares (Arxentina).
En deporte é unha variedade de canoa deportiva que se utiliza nos cursos fluviais de gran velocidade e que só ten descuberta a parte onde van os remeiros.
De un a catro tripulantes, na súa orixe era dun só tripulante, e usábase polos esquimós para pescar e cazar. O tripulante ou padexeiro acomódase sentado e orientado en dirección ao avance, a diferenza das embarcacións de remo, e propulsa a embarcación mediante unha pa de dupla folla ou culler que no necesita de apoio sobre o casco.
É unha embarcación longa (eslora) e estreita (manga). Nos seus deseños tradicionais era de cuberta pechada, só aberta na "bañeira" onde se sitúan os padexeiros. Existen na actualidade tantos deseños e variantes como usos potenciais, pero en xeral pode considerarse unha embarcación pequena en relación con outras, en ocasións de deseño extraordinariamente hidrodinámico e noutros casos de deseño compacto e manobrábel.
Dadas as súas características poden usarse caiacs en augas tranquilas (ríos, encoros, lagos ou piscinas), augas bravas (ríos de montaña ou canais de augas bravas) e no mar (incluso en mar aberto). Tal variedade de usos tradúcese nunha gran cantidade de modelos: de pista e descenso de ríos, de augas bravas, de caiac extremo, de rodeo, caiacs de surf, caiac de mar, de caiac-polo e de recreo, entre outras.
Tamén se denomina así unha regata de velocidade na que se emprega este tipo de embarcación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hoehn, John (2011): Commando Kayak: The Role of the Folboat in the Pacific War . Zürich, Suíza: Hirsch Publishing. ISBN 978-3-033-01717-7.
Outros artigos Canoa Piragua Piragüismo Piragüismo en slálom
Ligazóns externas International Canoe Federation The Canadian Museum of Civilization – Native Watercraft in Canada British Canoe Union USA Canoe and Kayak Greenlandinc terms for the parts of a kayak A kayak made from clear wood and fiberglass with LEDs Vídeo en YouTube
Categoría:Tipos de barcos Categoría:Embarcacións